Concerto musical: espectáculo “Nos pasos”

| Xoves 10 de outubro. 2019
| Ás 12:00 h.

Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto musical: espectáculo "Nos pasos". Dúo Percusión Dúas

“Nos pasos” é un espectáculo creado exprofeso para “Camiño (a)dentro” polo dúo de percusión Dúas, formado por Marta Figueiredo e Sabela Caridad. Un camiño a través da conciencia e o desfrute de cada paso, do “agora”. A música de Dúas e un vídeo da deseñadora gráfica Bea Seijas, reflicten o valor de vivir o momento presente, a maxia que agochan as pequenas cousas, como a brisa na cara, unha caricia, o son do mar, a sensación dos pes na area… detalles que gardan moitísimas sensacións e sentimentos e, que a día de hoxe, case son xa imposibles de apreciar. Envólvenos esa tensión de vivir pensando no noso futuro, ou vivindo o pasado, que gozar do único momento que verdadeiramente existe: o presente. Nos pasos quere trasladar ao espectador a estes conceptos tan básicos do agora que repetimos, ao vivir nunha sociedade que está en continuo movemento e pensando máis en crear que en sentir, ás veces, esquecemos.



Espectáculo "Nos pasos". Camiño a dentro


Patrocinio: Xunta de Galicia, Xacobeo 2021 e Deputación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png