Concerto musical: Mercedes Peón

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
ENGADIDO Á PROGRAMACIÓN
| Organiza: Concellaría de Igualdade, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller
| Sábado 24 de novembro. 2018
| Ás 22:00 h.
Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Mercedes Peón. Deixaas

Considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. Naceu en 1967, aos 13 anos escoitou cantar ás mulleres da creación colectiva musical da Costa da Morte, na súa terra natal Galicia. O tocar da pandeireta e o cantar da ribeirana foi o detonante para abraiarse da inmensa beleza das cancións, bailes, contos e vivencias dos seus contemporáneos habitantes das aldeas.

Comeza unha intensa recompilación. Transmitiu todo ese coñecemento a través do ensino, nas escolas municipais, na Televisión de Galicia, ou en Universidades como A Sorbone, O Porto, País de Gales etc.

Na súa faceta compositiva Mercedes achega unha variedade que arrincan desde a polirrítmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller, unha aposta segura pola continuidade da escena musicocontemporánea en Europa.

Despois de afondar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado Isué. Libre de clichés, expandíndose polo eido internacional sin reforzo mediático. Nos seus traballos posteriores Ajrú (2004), Sihá (2007), e Sós (2008), as súas composicións levárona a unha particular atmosfera case rozando o electroacústico, facendo do resultado o seu sinal distintivo dentro e fóra das súas fronteiras.

O seu último traballo, Deixaas, é o resultado dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora traída ao eido no que ela se ergue como referente internacional: a música raíz, a tradición máis xenuina.

Sen abandonar as raíces da tradición, incorpora unha faceta contemporánea inspirada en espazos acústicos de nova natureza obtidos dun traballo de campo baseado en sons reais e gravacións de máquinas pesadas recollidas nos astilleros e espazos industriais en torno a Ferrol ( como no caso da “Plataforma”); ou outras composicións que incorporan todo o poder estético e evocador da palabra poética dramatizada ou palabra falada (en “Linguas elementais”) ou o contraste do piano atmosférico (en “Olores perdidos”). Diferentes ambientacions e texturas que gañan consistencia nunha obra que conta tamén con Mónica de Nut e Ana Fernández. Deixaas amplía o universo creativo de Mercedes Peón combinando artesanía musical e vanguardia creativa dun xeito excepcional. Conserva a esencia dos temas que adoitan interesar á compositora: cuestións de identidade, sexo, linguaxe, pertenza, cadeas de transmisión, o medio ambiente e a política social máis inmediata … todo converxe na súa música e interactúa co son e estética nunca antes explorada deste xeito tan profundo pola artista. Este novo disco ubica a Mercedes Peón nunha exquisita madurez creativa e compositiva, e o seu formato ao vivo ofrece unha experiencia artística única, un verdadeiro transo que nos reconecta ao máis auténtico, onde a música convértese nunha cadea de transmisión de patrimoño cultural de primeira orde.

A principios do 2011, sae o seu cuarto traballo discográfico …—… (SÓS), música de vangarda. Catalogado como maduro, fresco, sorprendente, creativo. Enxeñosa e profundamente conceptual, móstranos unha evolución ou un momento da súa carreira especialmente brillante. Creado, tocado, producido e mesturado por ela mesma, …—… , é un exercicio de microcomposición onde o resultado final foi escollido por “word chart music Europe”como mellor disco dos editados durante dous meses consecutivos.

No 2011 foi escollida como artísta recomendada pola plataforma e marca musical Womex sendo este feito un fito na historia da música do seu país. Mostrando en Copenague o seu poder escénico- compositivo desde un lugar totalmente performativo e sinceiro. Ela soa, coas súas samplers creados e arranxados por ela, mesturados coa voz, clarinete, gaita e percusións. Sorprendente espectáculo cheo de dinámica e que xirou por toda Europa e Canadá.

A finais do 2012 comeza unha aventura musical coa banda WVB de Varsovia. Participa nunha xira polo pais polaco que culminará nun novo traballo discográfico a finais do 2015. Paralelamente á composición do seu quinto traballo discográfico en solitario, Deixaas (2018), cheo de espazos sonoros que xurden de novas inquedanzas e materiais que achegan ao público o seu discurso sempre social e feminista.

No 2014 participa nun proxecto proposto pola coreógrafa Lipi Hernández como compositora do espazo sonoro de “El canto de los Caballos” que se presentou no marco do Festival Salmon a finais do 2014 en Barcelona á beira doutras 10 artistas de vangarda da danza contemporánea por medio da micro-composición e improvisación vocal-electrónica (unha delas, Virginia García, foi galardoada co premio nacional de danza na modalidade de creación no 2015, coa compañía LA INTRUSA).

Na 2015 xira cunha banda madura totalmente contemporánea afincada na electrónica cun directo impactante para festivais por Europa acabando a xira no 2016 para editar e rematar o seu último disco “Deixaas” o seu último disco, que presentará no 2018 en Europa cun pequeño avance previo en Nova York.

Os seus últimos traballos están en estreita colaboración con outras disciplinas como a danza ou o cine, coa composición da música de O kiosco das almas perdidas, o espectáculo de Roberto Oliván no Centro Coreográfico Galego, o asesoramento sonoro e a composición electroacústica do concerto Concerto desconcerto da compañía Entremáns. Composición de música para a obra SóLODOS de Maruxa Salas ou no cine, composición do documental de longa duración Liste, pronunciado Líster, de Margarita Ledo e do cortometraje Cienfuegos 1913 da mesma autora.

Discografía: Isué (2000), Ajrú (2003), Sihá (2007), Sós (2008), e Deixaas (2018). Compartiu cartel en festivais con Patty Smith, Alanis Morrisette, Goran Brégovich etc.

Compartiu escenario con amigos como Carmen París, Manu Chao, Alasdair Fraser, WVB ou Xosé Manuel Budiño etc. Cartel e escenario con Ojos de Brujo, Amparanoia etc. entre unha lista de máis de 350 festivais internacionais. É unha das artistas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI. Recibiu recoñecementos tanto internacionais como nacionais.



Mercedes Peón. Deixaas


Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres


OUTROS EVENTOS CON MOTIVO DO
Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres


Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres [ + info ]

Organiza: Concellaría de Igualdade
Domingo 25 de novembro • Praza Arquitecto Antonio Palacios


Mulleres de cinema: “Tódalas mulleres que coñezo”
+ info ]

Organiza: Concellaría de Igualdade
Mércores 28 de novembro • Ás 19:30 h. • Círculo Recreativo e Cultural
Entrada libre e de balde ata completar aforo


Mulleres de cinema: “Con el viento” [ + info ]

Organiza: Concellaría de Igualdade
Xoves 29 de novembro • Ás 19:30 h. Ás 20:30 h. • Círculo Recreativo e Cultural
Entrada libre e de balde ata completar aforo


Mulleres de cinema: “Viaje al cuarto de una madre
+ info ]

Organiza: Concellaría de Igualdade
Venres 30 de novembro • Ás 19:30 h. • Círculo Recreativo e Cultural
Entrada libre e de balde ata completar aforo


Cabecera-web-ecultura.png