Concerto musical: Tatán Chapeu

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Mércores 19 de setembro. 2018
| Ás 21:00 h.
| Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo

Tantán Chapeu

Chapeu é un proxecto musical de Tatán Cunha que arranca fai máis de un ano coa colaboración de Pablo Vidal e Uxía na creación musical e arranxos varios. A proposta conta con letras de Tatán e colaboracións de Uxía e Magín Blanco nas letras das cancións Chapeu e Veludo e algodón, e Carlos Blanco en Mutua de decesos.

Chapeu é unha ducia de cancións escritas para contar historias. Fotografías teatrais, o mundo que máis coñece e co que Tatán camiña na vida. Un mundo cargado de amizades que o invitan a cantar e a quen admira e con quen creou este proxecto. Xente da música, xente do teatro e xente dos monicreques.

O CD conta nas gravacións con Isaac Palacín nas percusións, Alfredo Teixeira na guitarra portuguesa, Alberto Vilas no piano, Pablo Vidal no contrabaixo, piano e guitarras, Felipe Castro nos Saxos, Manu Paino no fliscorno e a trompeta e Sérgio Tannus coa viola.


Tantán Chapeu


Cabecera-web-ecultura.png