Concerto musical: Uxía & Javier Ruibal

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 22 de setembro. 2017
| Ás 22:00 h.
Pavillón Polideportivo Municipal » ver mapa

Uxía & Javier Ruibal. Festas do Cristo 2017. O Porriño

Uxía & javier Ruibal

Uxía, referente da música galega, e Javier Ruibal, un dos cantautores españois máis destacados, presentan un concierto en formato intimista no que nos convidan a transitar polas sonoridades do flamenco, a música do Magreb e as músicas galegas e lusófonas nunha mestizaxe única. Norte e sur tecendo ritmos e melodías, con composicións propias e ecos de Lorca, Alberti ou Rosalía.

Os dous admíranse mutuamente, teñen unha complicidade que ven de lonxe e posúen en común o rigor e a experimentación, a tradición popular e o compromiso coa súa renovación. Un espectáculo de fusión de músicas e sangues no que estarán acompañados polo virtuoso multi-instrumentista brasileiro Sérgio Tannus.


Uxía

Uxía é considerada a grande dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros.

! Publicou 12 discos, polos que recebeu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio a Mellor álbum de música de raíz nos Premios de la música independiente de España por Meu canto, seleccionado también como Top of the World pola revista británica Songlines. Entre outros proxectos, é a directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na maré.

Máis información sobre Uxía, na súa web » ligazón externa


Javier Ruibal. Festas do Cristo 2017. O Porriño

Javier Ruibal

Considerado un iniciador nos novos movimentos do flamenco, Javier Ruibal é un dos cantautores máis prestixiosos de España. Na súa peculiar mestizaxe musical teñen cabida estilos como o jazz, o flamenco, a música do Magreb ou da India, e unha clara vinculación cos poetas da Xeración do 27, como Rafael Alberti ou Federico García Lorca. Con máis de 35 anos de carreira e dez discos no mercado, obtivo no 2007 a Medalla das Artes de Andalucía en recoñecemento á súa traxectoria. Compuxo para Martirio, Ana Belén, Javier Krahe, Mónica Molina, Sara Baras ou Pasión Vega, e cantou con artistas como Pablo Milanés, Joaquín Sabina, Celtas Cortos, Carlos Cano ou Carmen París.

Máis información sobre Javier Ruibal, na súa web » ligazón externa



Cabecera-web-ecultura.png