Concerto musical: “Viaxe sonora”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Mércores 18 de setembro. 2019
| Ás 21:00 h.

Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
Entrada libre e de balde ata completar aforo

Programación Festas do Cristo 2019. Concello do Porriño


O Coro Liceo, proponnos na primeira parte déste concerto , unha viaxe polo mundo da polifonía ,escoitando unhas fermosas obras, de diferentes partes do Mundo compostas e armonizadas por compositores como : Julio Dominguez, José L. Sanz, Javier Busto, James Moore, Selga Mence, entre outros.

Xa na segunda parte, solistas e coro únense para recordar a máxica e fascinante música de ópera. Once fragmentos de famosas e recoñecidas óperas, como La Traviata, IL Trovatore, Don Pascuale, Capuleti e i Montecchi, IL Carnevale di Venezia, La nozze e di Fígaro, dos compositores: Verdi, Bellini, Mozart, Tosti, Donizetti e Rossini. Acompaña nésta segunda parte, o extraordinario pianista, Alejo Amoedo, profesor e pianista-acompañante do Conservatorio Superior de Música de Vigo.


Cabecera-web-ecultura.png