Concerto Orquestra Infantil / Xuvenil Kv2211

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Mércores 27 de xuño. 2018
| Ás 20:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo

Concerto da Kv2211


Nada en Vigo, con carácter independente, a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 co obxectivo de aprender, crear canteira, tocar en grupo e pasalo ben. A agrupación está formada basicamente por nenos e mozos de diversos centros e escolas educativas así como músicos que, abandonando os seus estudos, queren manter o hábito de tocar.

A Kv2211 baséase no sistema de José Antonio Abreu, músico, economista, político, activista e educador venezolano que fundou a Orquesta Nacional Juvenil de Venezuela e o Sistema Nacional de Orquestas Sinfónicas Juveniles, Infantiles y Pre-Infantiles de Venezuela. Con iso superan a idea dun simple proxecto musical ao sumarlle un carácter educativo, social e cultural. Entre os retos que se marca destaca a creación dunha canteira para as orquestras profesionais. O nome fai referencia ás siglas utilizadas por Ludwig von Köchel para clasificar as obras de Mozart (Kv) e á festa da patroa da música, Santa Cecilia (2211).


Kv2211

Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png