Concerto presentación V Montando Cristo Festival: Winter Project

| Venres 21 de setembro. 2018
| Ás 23:00 h.
| Parque do Cristo » ver mapa

Montando Cristo Festival

Montando Cristo Festival nace en 2014 co propósito de non perder a musica en directo en Porriño, con bandas de diversos estilos este ano chega á súa QUINTA edición … Moita caña, moito ROCK, pero como sempre … EN DIRECTO!!

Máis información sobre Montando Cristo Festival, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Winter Project. Montando Cristo Festival
WINTER PROJECT

Winter Project é unha banda de rock viguesa que mestura todo tipo de estilos clásicos nunha forma moi persoal de entender a música.

O grupo foi fundado en Vigo no ano 2011 por Jorge Lorenzo, ao que se lle uniron distintos músicos locais que foron rotando ata completar no ano 2013 unha formación sólida con Luís Saldaña á guitarra solista e Braulio Vidal ao baixo. O posto de batería seguiría sufrindo cambios ata o ano 2015, no que gravarían o seu primeiro traballo discográfico, xa con Jorge Guerra á batería.

Winter Time (2016, autoeditado) foi o seu primeiro traballo discográfico onde se pode escoitar unha boa mostra da variedade de propostas musicais que ofrece o grupo nos seus directos e que recolle as distintas etapas polas que pasou o grupo ao longo dos seus 4 anos de existencia. Rock, blues, jazz, folk, country, swing ou pshicodelia mestúranse nun traballo dificilmente clasificable pero altamente recomendable.

Despois de presentar en directo o seu primeiro disco “ Winter Time” ao longo e ancho da xeografía galega cun bo número de concertos, o fin de semana do 17 e 18 de Decembro de 2016 encérranse en Cabral Estudios, en Vigo, para gravar o seu segundo traballo discográfico, “Paranoid Lullaby”, editado en abril de 2017.

“Paranoid Lullaby” é un EP de catro temas (Legend, Falling in a dream, Paranoid Lullaby Part I & Paranoid Lullaby Part II), que mestura psicodelia, rock progresivo e hard rock. Ao longo dos 23 minutos de duración de “Paranoid Lullaby” reina unha atmosfera densa, con varias capas de guitarras saturadas e teclados e unha pesada e sólida base rítmica, que crean un ambiente que lembra inevitablemente por momentos a Pink Floyd por momentos a The Doors.


Winter Project. Montando Cristo Festival


5 Montando Cristo Festival


Cabecera-web-ecultura.png