Concerto de trompeta: Rubén Simeó

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
ENGADIDO A PROGRAMACIÓN
| Domingo 16 de setembro. 2018
| Ás 19:30 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Rubén Simeó

Nace en Vigo (España) en1992. Desde moi temperá idade, demostra unhas facultades excepcionais na trompeta, realizando concertos en auditorios e programas de televisión, con gran éxito de público e crítica musical que eloxian a súa madurez a tan curta idade.

Desde os 8 anos obtén grandes premios nos mellores concursos internacionais, como Yamaha Madrid, Ciudad de Benidorm (presidido por Maurice André), Porcia Italia, Maurice André Francia, Selmer Paris, P. Jones, Gebwiller, Francia, Theo Charlier Bélxica, sendo sempre o concursante mais mozo de todas as súas edicións.

Desde tan temperá idade participa continuamente en programas de radio e televisión como TVE, Antena 3, Cuatro, TV Francesa, Radio France, TV Italiana, Radio Clásica, TV Tokyo, Beijing TV, Armenian TV….

Con 12 anos, actúa como solista no Concerto de Nadal coa Orquesta Sinfónica da R.T.V.E no Auditorio Nacional de Madrid e Auditorio de Zaragoza dirixido por Adrián Leapper, retransmitido por TVE Internacional a varios países.

Nesa idade gravou o seu primeiro disco “Ilusión”, o cal presentou cunha ampla xira de concertos por España e Portugal.

Realiza periodicamente, cursos e clases maxistrais por distintos países do mundo como España, Portugal, Francia, Alemaña, Italia, Inglaterra, Estonia, Turquía, China, Xapón, Corea, Perú, Costa Rica, Colombia, Ecuador, Venezuela, Estados Unidos….

Actúa regularmente con grandes Orquestras como: Radio Televisión Española, Orquesta de Valencia, Filarmónica de Galicia, Sinfónica Islas Baleares, Orquesta de Múnic, Stuttgart (Alemaña) Paris, Filarmónica Nantes, Niza(Francia), Metropolitana de Lisboa, Viana do Castelo (Portugal) Sinfónica de San Cristóbal (Venezuela), Roma, Filarmónica de Cannes (Francia), Sinfónica de Porcia, Emile Romagne (Italia ) Beijing (China) Heredia, San José (Costa Rica), Caracas (Venezuela), Sinfónica de Kanazawa (Xapón) …

Tamén actuou con grandes bandas sinfónicas como: Comunidad de Madrid, Municipal Palma de Mallorca, B. M. Coruña, B.M. Santiago, B. M. Valencia (España) Garde Republicaine Paris, Nantes, Bordeus (Francia) Stuttgart, Berlin (Alemaña) Viana do Castelo, Oporto (Portugal) Roma, Sicilia (Italia) Istambul (Turquía), Siena Wind Tokio (Xapón), Beijin (China) San José, Heredia (Costa Rica)…

En xullo de 2005, con 13 anos, actúa convidado por Maurice André na Semana Internacional da Trompeta celebrada en Bordeus (Francia) con gran éxito de crítica e público. Precisamente Maurice André resaltou de Rubén as súas condicións técnicas excepcionais, inauditas en tan temperá idade. Tamén en 2008 actúa no Auditorio de Lille xunto con Maurice André e o trombonista Michel Becquet nun concerto retransmitido por Rádio Televisión francesa.

Tamén nese ano recibiu en Stuttgart (Alemaña) o Premio Europeo da Cultura como recoñecemento á súa brillante carreira.

É requirida a súa participación en concursos internacionais varios, como “Internacional Trumpet Guild”, I.T.G. 2009, celebrado en Pensilvania,“National Trumpet Competition”, celebrado en Denver, onde actuou acompañado de “United States Air Force Academy Band” e Canadian Brass….

Gravou varios discos, editados por todo o mundo, co selo discográfico “Avex Classics”, con Siena Wind Tokio, Orq. Sinf. Kanazawa (Xapón), bandas sinfónicas varias, orquestras de cámara, piano, órgano barroco…

Tamén estreou e realizou gravacións periódicas de compositores actuais en todo o continente, como “Concierto Ibérique” de V. Cosma, xunto á Garde Republicaine de Paris, actuando tamén na catedral Notre Dáme, Paris, retransmitido pola televisión francesa; “Solerianeta”, de Andrés Valero, “Al andar” de E, Calandín, “Diversions” de A. Álvarez, “Concerto para trompeta e percusión” (Méjico) Alejandro Carmona, “Concierto” J. P. Vandelbeare, “Fantasía Concertante para trompeta y orquesta” Salvador Chuliá…

Actualmente é Concertista de trompeta, actividade que alterna coa de pedagogo e profesor no Conservatorio de Plasencia e clases maxistrais periódicas en varios países internacionais.


Rubén Simeó

Rubén Simeó


Cabecera-web-ecultura.png