Conferencia: “Ignacio Cerviño o canteiro da fonte do Cristo”

| Venres 15 de marzo. 2019
| Ás 20:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Anxo Coira. Conferencia: "Ignacio Cerviño o canteiro da fonte do Cristo"

Anxo Coia, falará da estadía de Ignacio Cerviño Quinteiro no Porriño, vila na que foi moi estimado e na que finou en 1905 despois de acometer a realización da Fonte do Cristo, deseñada por Antonio Palacios.

Anxo Coia, veciño de Hío e investigador da vida de Ignacio Cerviño Quinteiro, leva anos recopilando documentación que sitúa a este magnífico escultor residindo na Parroquia de Hío entre 1869 e 1872, ano do levantamento do cruceiro máis famoso de Galicia.

Con todo, naqueles tempos a vida dos escultores e imaxineiros da pedra levábaos a residir naquelas localidades nas que tiñan unha obra que realizar. Ignacio Cerviño realizou no Condado da Louriña varios cruceiros e panteóns que lembran ao de Hío e que levan a súa indiscutible pegada de escultor e mestre canteiro.


Cabecera-web-ecultura.png