Contacontos: Anxo Moure. “Contos e historias das árbores do Camiño Portugués”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Luns 6 de agosto. 2018
| Ás 20:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| Público familiar

Contacontos: Anxo Moure. “Contos e historias das árbores do Camiño Portugués”

O programa de artes escénicas Vive o Camiño inclúe a particular proposta de contos e historias das árbores do Camiño Portugués que concienciará da importancia de protexer o patrimonio forestal da ruta xacobea, a cargo de Anxo Moure.

Anxo Moure Mosquera naceu o 28 de decembro do 63 en Chantada, é un escritor, contacontos e ecopacifista que promove desde hai anos actividades con nenos e nenas centradas na narración oral e na defensa da natureza. Escribiu Os contos do conto verde, O carballo con botas, A xacia Luviñas, O paraugas dameaugas, Salgadiña: a estrela de Fisterra, A música das árbores e Caramulo e a carpinteira dos soños, e non parou de mover os seus contos solidarios, o seu ciclobiblioteca e moitas outras iniciativas por todo o país.


Contacontos: Anxo Moure


patrocinio-xuntaCabecera-web-ecultura.png