Contacontos musical: A Casiña de cartón

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 3 de agosto. 2016
| Ás 21:00 h.
Praza de Antonio Palacios » ver mapa

A casiña de cartón

Un espectáculo da compañía Animar-T. Contacontos teatralizado e musicalizado, participativo e moi divertido.

A Adela regaláronlle uns preciosísimos zapatos de charol. A ela gustábanlle tanto que non os quería quitar nin para durmir. Pero como a todos pasounos algunha vez, co paso do tempo creceu e os seus zapatiños de charol deixaron de servirlle.
Lonxe de facer un drama desta situación, Adela opta por ser xenerosa e regalarllos á súa irmá pequena pero, hai algo que lle queda: a caixa baleira na que viñan eses preciosos zapatos. Con ela decide crear unha casiña que chegará a converterse nunha auténtica casa de acollida de animais, protexéndoos do frío e do ser máis perigoso que habita na terra: o home.

Máis información sobre a compañía Animar-T na súa web » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png