Contacontos musical: A Corva. Compoñedora de contos

| Domingo 30 de agosto. 2020
| Ás 20:30 h.
Centro Cultural Os Penediños de Atios » ver mapa

A Corva. Compoñedora de sonos


A Concellería de Cultura, sendo coñecedora de que a situación da pandemia da Covid-19, fixo que moitas das actividades culturais das parroquias e barrios fosen canceladas, e mantendo contacto coas asociacións da veciñanza, faise unha proposta programática, coas garantías de seguridade sanitaria, favorecendo a dinamización cultural á vez que se potencian os recursos dos artistas locais.


A Corva. Compoñedora de sonos

Mari Gésta, é un personaxe inspirado en Mary Poppins. AS súas estravagancias fan rir ás crianzas, mais tamén ás maiores. Vive no monte, adora os toxos e as xestas e posúe unha maxia especial que a leva a sacar cousas máxicas da súa sacola. Un espectáculo a medio camiño entre o musical e o contacontos, tinguido de seres marabillosos que acompaña a esta peculiar muller.

A Corva é un espectáculo de A Cova das Letras, unha compañía teatral dezana que nace con afán de espallar a cultura teatral no rural. Comezan os traballos de investigación neste eido, onde se desenvolven obradoiros e espectáculos que xa van seguindo unha liña temática: a muller no rural e a revalorización da literatura oral galega.

O primeiro espectáculo, “O circo dos contos” (2014), é un contacontos baseado nos contos igualitarios que mestura danza e teatro. A partires de aí son diversas as montaxes dende teatro de rúa (“Teatro á feira”, 2019) até comedia musical con banda (“A gata con zocos”, 2018 ou “A familia Brañas”, en proceso de creación). “A Fotógrafa” (2015), “Procúra-se Pepa e Loba” (2018) ou “Mariñeiras” (2016) son mostra da importancia da visibilización da muller no rural. Así mesmo, dada a formación musical das compoñentes da compañía, ofrecen concertos sensoriais para bebés: Son no berce (2019).

Anxo García, titiriteiro, actor e atrecista, Manuel Paino, trompetista, compositor e actor e Cristina Collazo, actriz, directora e trompista, forman o elenco orixinal da compañía, mais contan coa presenza de diversos profesionais nas diferentes montaxes.


A Corva. Compoñedora de sonos


Patrocinio: Xunta de Galicia e Xacobeo 2021Cabecera-web-ecultura.png