Contra as Violencias Sexuais: Narrativas e Representación Audiovisual

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Martes 19 de novembro. 2019
| Ás 10:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Actividade concertada cos centros de ESO do Concello do Porriño

Contra as violencias sexuais

Contra as Violencias Sexuais: Narrativas e Representación Audiovisual. O cine como ferramenta para a prevención e sensibilización contra a violencia de xénero nos centros educativos.

Actividade concertada cos centros de ESO do Concello do Porriño. A Cargo de: Towanda Rebels

> Organiza: Concellería de Igualdade do Concello do Porriño


Towanda Rebels

Towanda Rebels son Teresa Lozano e Zua Méndez, xornalista e humanista, ambas actrices e, ante todo, amigas. O seu #DespertarFeminista chegou a través das redes porque nelas coñeceron a grandes mulleres que lles ensinaron o camiño: as cousas que lles ocorrían na vida e que lles seguían ocorrendo a diario eran froito dun sistema patriarcal que as oprimía como mulleres. Tiñan que facer algo respecto diso. Coáranlles moi ben ese conto de que as mulleres xa conseguiran a igualdade e aos poucos foron sendo conscientes da mentira. Para elas o feminismo non son unhas lentes moradas, senón unha operación de cataratas que che axuda a ver a realidade.

A rabia xogou un papel moi importante, pois foi o seu motor de arranque, o que as puxo en movemento e lanzounas á acción. Así, ocorréuselles lanzar as súas mensaxes en forma de vídeos. Saltar da man dunha amiga é moito máis sinxelo. Propuxéronse non xulgarse e comezar co que tiñan: un móbil, un computador para editar, miles de ideas e un desexo de comunicar o que lles revolvía no máis profundo. Así naceu Towanda Rebels, unha canle que pretende ser un altofalante do berro feminista radical; un berro que lles parece necesario, inevitable, e que debe ser escoitado. Towanda é a súa criatura, á que dedicaron todo o seu tempo, esforzo e agarimo. O seu traballo desde entón, a publicación do seu libro #HolaGuerrera e toda a repercusión conseguida demostroulles que podían facelo; só facía falta confiar na súa intuición acalada, na súa creatividade e falar desde a verdade, desde o que son e o que queren cambiar.

Canal de Towanda Rebels en YouTube » ligazón externa


Towanda-Rebels_2


Cabecera-web-ecultura.png