Curso de Defensa Persoal Feminina e de Protección Xurídica

| Sábado 4, 11, 18 e 25 de maio. 2019
| De 9:00 a 13:00 h.

Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa

Curso de Defensa Persoal Feminina e de Protección Xurídica

Co cofinanciamento a cargo dos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade, o Concello do Porriño organiza este “Curso de Defensa Persoal Feminina e de Protección Xurídica”.

O Concello de Porriño xa está a recoller inscripcións para o curso de defensa persoal feminina e de protección xurídica, prantexado para mulleres de calquera idade, que se impartirá durante catro sábados do mes de maio, a partir do día 4. Neste intre xa hai 25 mulleres inscritas, segundo informou a Policia Local.
As interesadas poden realizar a súa inscripción directamente no Concello, tamén no Pavillón Municipal de Deportes, no Ximnasio Jovhen Sport ou ben por e-mail no enderezo electrónico administracion.policialocal@oporrino.org

As prazas son ilimitadas. De tal xeito que inicialmente estáse a prever que as clases de defensa persoal impartiránse no ximnasio “Jovhen Sport” pero se a afluencia de mulleres é maior, pasarían ó Pavillón Municipal.
A instrucción sobre técnicas e chaves para defensa persoal ás mulleres serán desenroladas por axentes da Policía Local e profesores especializados. E a información sobre protección xurídica será impartida polo maxistrado Juan José Trashorras, titular do Xulgado Penal número 1 de Pontevedra. No seu caso o maxistrado explicará ás mulleres participantes as diferencias entre lexítima defensa, o medo insuperable e o uso proporcional da forza.
A idea deste curso parte da Policía Local de Porriño. Financiase cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, tramitados a través da Secretaría de Estado de Igualdade.


Cabecera-web-ecultura.png