Danza. Espectáculo: “Chove”. De Ánxela Blanco

NOVO EVENTO TRAS SER CANCELADO O ESPECTÁCULO DE ÁNXELA BLANCO PREVISTO PARA O 21 DE SETEMBRO, DEBIDO ÁS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS ADVERSAS

| Sábado 3 de outubro. 2020
| Ás 18:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Público familiar

Danza. Espectáculo: "Chove". De Ánxela Blanco

Ánxela Blanco leva máis de dez anos navegando nas artes vivas e na escena, universo ao que chega dunha forma accidental e reveladora, viña da dirección e administración de empresas. Foi artista residente en diferentes espazos de Galiza e París, Premio Injuve e Premio Emprendedora da UDC, e bolseira de institucións coma a Deputación da Coruña para o programa de estudos artísticos internacionais, a residencia do Centro Coreográfico Galego ou o Fondo 0,7% da OCV da Universidade da Coruña para unha investigación nos campos de refuxiados saharauis. Na súa quinta peza, Voo, pon o foco na necesidade de bailar e na naturalidade do feito, mentres procura as fisuras para introducir o corpo e a contemplación nesta trepidante e virtual vida posmoderna.


Ánxela Blanco


Cabecera-web-ecultura.png