De Vacas. Actuación musical

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 9 de marzo. 2018
| Ás 20:30 h.
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

De Vacas. Concello do Porriño

Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz son ‘De Vacas’, acompañadas actualmente da guitarra de Guillermo Fernández. Esta banda naceu para devolverlle a dignidade a todas esas cancións maltratadas pola historia. Cun nome que conecta con Castelao e o rural galego (“sentimos moi identificadas co espírito tranquilo das vacas”, confesan) e unha estética naturalista propia dunha Frida Kahlo de aldea, o set list de De Vacas está repleto de hits que vandesde versións de cancións tan populares como ‘Gangnam Style’, co que se deron a coñecer e gravaron o seu primeiro videoclip; ou ‘O Taxi’, de Pitbull. Tamén son responsables do tema oficial do Festival de Cans 2017 e contan cun Alalás, popular canto galego.



De Vacas


Cabecera-web-ecultura.png