Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas

Debuxa celebrando o Dia das Letras Galegas


Coa ocasión do Día das Letras Galegas, o Concello do Porriño quere animar á participación no programa “DEBUXA CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS” e todos aqueles debuxos publicados serán agasallados cun lote de libros.

En razón das circunstancias excepcionais que estamos a pasar e tendo en conta que neste momento os nenos e nenas están nas casas coas súas familias, parécenos que esta é unha actividade que ao tempo que entretén, axuda ao coñecemento desta celebración tan significativa na Galiza.


DEBUXOS PARTICIPANTES


Pica sobre as imaxes para amplialas


Bases de participación

  • Poderán participar  nenas e nenos ata os 14 anos.
  • O debuxo debe estar titulado e de temática relacionada co Día das Letras Galegas e co autor homenaxeado este ano, Ricardo Carballo Calero.
  • Só se admitirá un único debuxo por persoa participante.
  • Realizar unha foto ao debuxo coa calidade suficiente para a súa publicación, indicar os datos persoais da nena/neno (nome e apelidos e idade) e o enderezo e teléfono de contacto, enviala ao correo electrónico: cultura@oporrino.org
  • Prazo de presentación dos debuxos: ata o domingo 10 de maio de 2020.
  • O envío das fotos supón a conformidade coas presentes bases.
  • Os debuxos serán publicados o día venres 15 de maio de 2020, na entrada da actividade “Debuxacelebrando o Día das Letras Galegas” nesta mesma páxina.
  • O Concello do Porriño reservase o dereito a non publicar aqueles debuxos e/ou fotos que considere que atentan contra a legalidade ou a dignidade das persoas e institucións.
  • A participación neste concurso implica a autorización do pai, nai ou titor/a do menor de idade, ao Concello do Porriño na difusión e uso das imaxes aportadas, a través das redes sociais, páxina web e demais medios de difusión.

BOTON INSCRICIÓNS E BASES

PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO


Para resolver calquera dúbida sobre a participación en Amosa a túa Corentena, ponte en contacto coa Concellería de Cultura a través do e-mail: cultura@oporrino.org


MÁIS SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Voces para Ricardo Carvalho Calero
[ + info ]

Vídeo lectura da obra de Carvalho Calero


Xogo de nivel de coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero
[ + info ]

Un xogo a partir de preguntas para que avalíes os teus coñecementos sobre Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado das Letras Galegas deste ano. Canto sabes de Ricardo Carvalho Calero?


7 Post sobre Carvalho Calero
[ + info ]

Inciativa da Biblioteca do porriño co motivo do Día das Letras Galegas


Carvalho Calero! Un “escape room” dixital
[ + info » ligazón externa ]

Un xogo de pistas, códigos, investigacións… como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información. Elaborado por Patricia Sánchez (A fiestra da mestra)


O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero
[ + info » ligazón externa ]

Un escape room elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novas) para aprender sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020 mentres xogamos


Carvalho em pessoa
[ + info » ligazón externa ]

Coa intención de dar a coñecer a figura de Ricardo Carvalho Calero, protagonista do Día das Letras Galegas de 2020, estanse a lanzar na rede unha serie de entrevistas sobre o profesor. Estes 17 vídeos recóllense na serie Carvalho em pessoa, na canle de youtube da Produtora Através.


Cabecera-web-ecultura.png