Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller 2017

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone

Cartel Día Internacional sa Eliminación da Violencia Contra a Muller


[PROGRAMACIÓN >>]     [GALERÍA FOTOGRÁFICA >>]

PROGRAMACIÓN CONMEMORATIVA DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


Ciclo: “MULLERES DE CINEMA”
Proxeccións cinematográficas + colóquios

“Mulleres de Cinema”, un ciclo que  inclúe a proxección de tres películas e un posterior coloquio dirixido por mulleres do mundo do audiovisual e especialistas en xénero, é unha das actividades que abrangue a programación da Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, para conmemorar o ‘Día Internacional contra a Violencia de Xénero’.


Jericó el infinito vuelo de los diasProxección do filme: “JERICÓ, EL INFINITO VUELO DE LOS DÍAS
(Apta para todos os públicos)
Directora: Catalina Mesa
Dirixe o colóquio posterior Berta Ojea
22 de novembro • Ás 20:00 h. • Círculo Recreativo Cultural

Sinopse > Limiar entre documental e ficción, ‘Jericó, el infinito vuelo de los días’ é un caleidoscopio de retratos íntimos de mulleres do pobo de Jericó, en Antioquia, Colombia. A través dun itinerario sensible e musical técense os encontros e as conversacións entre elas, de idades e condicións sociais diferentes. Unha a unha vanse revelando as súas historias de vida, os seus espazos interiores, o seu sentido do humor e a súa sabedoría. Facetas profundas e auténticas do espírito feminino da nosa cultura que celebran e preservan o patrimonio inmaterial colombiano.


Verano 1993Proxección do filme: “VERANO 1993
(Apta para todos os públicos)
Directora: Carla Simón
Dirixe o colóquio posterior María Lameiras
25 de novembro • Ás 20:00 h. • Centro Cultural Municipal

Sinopse > Frida (Laia Artigas), unha nena de seis anos, afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adoptiva tras a morte da súa nai. Lonxe da súa contorna próxima, en pleno campo, a nena deberá adaptarse á súa nova vida.

Seleccionada por España para os Óscar 2018.


BravaProxección do filme: “BRAVA
(Non recomendada para menores de 16 anos). Directora: Roser Aguilar
Dirixe o colóquio posterior Roser Aguilar
29 de novembro • Ás 20:00 h. • Círculo Recreativo Cultural

Sinopse > A vida de Janine parece ir ben ata que sofre un asalto no metro e todo se desmorona. Tratando de fuxir do seu tormento interior, escapa ao pobo onde agora vive o seu pai tentando ocultar as súas feridas. Con todo, alí, lonxe de atopar a paz, achegarase ao seu lado máis escuro.


Acto en memoria das vítimas

25 de novembro • Ás 18:30 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios


Presentación do proxecto rap contra violencia de xénero: “XÉNERO VERSOS”

Dirixido ás alumnas/os de 2º e 3º da ESO do Porriño
25 de novembro • Ás 19:00 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios


Concurso de Tweets contra a Violencia de Xénero

O Concello de Porriño convoca por primeira vez un ‘Concurso de Tweets contra a Violencia de Xénero’, “coa finalidade de sensibilizar y previr á cidadanía con presenza nas redes sociais contra a lacra machista”, sinala a concelleira Soledad Girón.

Neste concurso poderán participar todas as persoas que publiquen na rede social Twitter unha mensaxe contra a violencia de xénero, debendo acompañar a publicación coa etiqueta #PorriñoDiNONVX. As bases publicaranse na conta @Porrinodiquenon.

As mensaxes e os contidos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entrarán en concurso todos os tuits publicados entre as 00:00 horas do xoves día 23 de novembro e as 23:59 do luns, día 27 do mesmo mes.


GALERÍA FOTOGRÁFICA CONMEMORATIVA DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER



[PROGRAMACIÓN >>]     [GALERÍA FOTOGRÁFICA >>]

SUBIR ]


cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png