Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

| Luns 3 de decembro. 2018
| Ás 11:00 h.
| Concentración na Praza do Arquitecto Antonio Palacios e andaina dos centros educativos polas rúas da vila

Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional


Día Internacional das Persoas con Discapacidade Funcional

En 1992, ao termo do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas a constante mellora da situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamamento aos Estados Membros para que destacasen a celebración do Día, e así fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades.


O que significa ser discapacitado

A discapacidade é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O termo úsase para definir unha deficiencia física ou mental, como a discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.

As persoas con discapacidade, a “minoría máis ampla do mundo”, adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estes obstáculos cotiáns súmanse a discriminación social e a falta de lexislación adecuada para protexer aos discapacitados.

As persoas con discapacidade son máis a miúdo vítimas da violencia: os nenos discapacitados teñen catro veces máis posibilidades de ser vítimas de actos violentos, a mesma proporción que os adultos con problemas mentais.

A ignorancia é en gran parte responsable da estigmatización e a discriminación que padecen as persoas discapacitadas.


Unha sociedade incluinte

Está amplamente demostrado que, unha vez eliminados os obstáculos á integración das persoas discapacitadas, estas poden participar activa e productivamente á vida social e económica das súas comunidades. Por iso é necesario eliminar as barreiras da asimilación dos discapacitados á sociedade.

A Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade recoñece que a existencia destas barreiras é un compoñente esencial da súa marxinación. A Convención subliña que a discapacidade é un concepto evolutivo «resultado da interacción das persoas con disfuncións e de problemas de actitude e de contorna que socavan a súa participación na sociedade».

A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais recoñecidos pola Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades. Son as condicións sen as cales non poden gozar das súas outros dereitos. A Convención (artigo 9) pide que as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade. Solicita aos Estados que tomen as medidas apropiadas para darlles pleno acceso á actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos á súa integración.


Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional


Cabecera-web-ecultura.png