Elixe o logotipo do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia do Porriño

| Desde o venres 30 de outubro. 2020
| En Instagram

Consello-da-Infancia-e-a-Xuventudo-do-Porrino

O Consello Municipal de Infancia e Adolescencia do Porriño estrea o seu propio perfil en Instagram.

Trátase dunha nova canle de participación na que nenas, nenos e adolescentes do Porriño poderán coñecer o traballo que realiza este órgano consultivo municipal, formado por representantes de tódolos centros educativos do concello.

O perfil xa está activo en https://www.instagram.com/infanciadoporrino/ e para dalo a coñecer, dende a Concellería de Educación do Concello do Porriño e a Oficina de Información Xuvenil que son os impulsores desta iniciativa dos propios rapaces, organizaron unha votación para elixir o que será o logotipo que represente ao Consello Municipal de Infancia e Adolescencia en cada un dos seus actos.

O obxectivo é ofrecer unha nova canle de comunicación coa poboación máis nova do concello e darlle maior visibilidade ao traballo realizado neste órgano de participación infantil e adolescente que ven funcionando no Porriño mesmo antes do seu recoñecemento como cidade amiga da infancia por parte de UNICEF.

A iniciativa enmárcase nas actividades previstas para o mes de novembro en relación a conmemoración do Día dos Dereitos da Infancia, e que inclúe a dinamización da participación nos centros educativos, a participación dun representante do consello no encontro autonómico do día 17, a celebración dun pleno infantil o propio día 20 de novembro, e a iluminación da fachada do concello ese mesmo día.

Para participar na votación teredes que seguir a este perfil en Instagram e comentar cal é o logotipo que máis vos gusta.


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png