Encontro de gaiteiros/as, asociacións culturais e veciñais do Porriño. Festival das Letras Galegas

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone

| ACTUALIZACIÓN: Por mor do mal tempo, o encontro de gaiteiros/ras do Porriño previsto inicialmente para o 6 de maio, celebrarase  o día 17 de maio
17 de maio. 2016  [ 6 de maio ]
| Ás 19:30 h.
Barrio de San Benito » ver mapa
| Gaiteiros e grupo de baile Os Penediños de Atios + gaiteiros e grupo de baile A Forna de Budiño
17 de maio. 2016  [ 6 de maio ]
| Ás 21:00 h.
Barrio de San Benito » ver mapa
| Grupo convidado: Airiños da Peneda do Viso (Redondela)
Presenta: Bea Fandiño

Gaiteiros e grupo de baile Os Penediños de Atios

A Asociación Cultural “Os Penediños” fundouse en 1983 na parroquia porriñesa de Atios. Inicialmente como grupo de gaitas e baile, ampliou posteriormente a súa actividade a distintas manifestacións culturais e musicais.
O grupo tradicional chegou a contar, nos seus mellores momentos, con oito gaiteiros, catro tamborileiros e un bombeiro, na parte musical; e oito parellas de adultos, oito do grupo de medianos e dez de pequenos no grupo de baile tradicional.
Con este grupo tivo actuacións en Madrid, con motivo da festa Estremeña, dous anos consecutivos; en Asturias, na celebración do Día de Galicia en Zaragoza, por toda Galicia e no noso país veciño, onde participou en varios festivais folclóricos e acompañou diversas celebracións en Barcelinhos ou Viana do Castelo.
Despois duns anos de pouca actividade nos que o grupo foi esmorecendo, agora mesmo está en pleno rexurdir e conta cun grupo de gaiteiros e percusión e dous grupos de baile, un de pequenos e pequenas de 5 a 12 anos, e outro de maiores dos 13 anos en diante. Na actualidade é a única agrupación do Porriño que conta con grupo de baile tradicional, e nos últimos anos ten celebrado festivais de folclore aos que convidou diferentes grupos da comarca e do veciño Portugal.
Actualmente a dirección musical está a cargo de Óscar Álvarez Veiga no grupo de gaitas e Alejandro Gómez no grupo de cantareiras; os grupos de baile están dirixido por Javier Alonso “Chisco.

[ Info extraída do seu perfil de Facebook ]

Máis info sobre Os Penediños de Atios no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Gaiteiros e grupo de baile A Forna de Budiño

O grupo de música tradicional da Asociación Cultural A Forna de Budiño, da os primeiros pasos no ano 1999 coa profesora Teresa Pérez, unha das integrantes das Donicelas, pandereiteiras de Salceda de Caselas e con catro alumnos. Uns anos máis tarde o grupo foi medrando e colleu a dirección do grupo Alberto Miranda, Diplomado en Educación Musical e Titulado en Grao Medio Loxse. No ano 2004 xa comezaron a celebrar as primeiras actuacións en público. Neste período o grupo xa contaba cunha decena de músicos que facían as delicias do público. No ano 2009 Alberto tivo que deixar o grupo e tomou a dirección do grupo Martín González, Titulado Superior de Música, na especialidade de Gaita. Na actualidade conta con quince compoñentes e xa teñen actuado en romarías, concertos e seráns dos concellos do aredor.

[ Info extraída da súa web ]

Máis info sobre a Asociación Cultural A Forna de Budiño, na súa web » ligazón externa


Agrupación Airiños dá Peneda

Airiños da Peneda

A agrupación Airiños dá Peneda formouse a principios do ano 2006 na parroquia de O Viso (Redondela)co ánimo de gozar e difundir a música tradicional galega. O seu repertorio componse de diversos temas populares por exemplo as tradicionais ‘Ou burro dá tia Lola’, ‘Meus Amores’, ‘Vai lavar morena’, ‘Monte Viso’,’Cantares de Reis’ e ‘Ou estraperlo’, entre outras.

No seu último traballo ‘Cantigas na peneda’, interpreta 15 cantigas populares do folclore galego manténdose fieis ao folk máis tradicional e sempre co obxectivo de manter vivo o patrimonio e a tradicional musical herdada dos vellos gaiteiros así como fomentar o interese por esta música entre as novas xeracións.

Máis info sobre Airiños dá Peneda no seu perfil de Facebook » ligazón externa


SUBIR ]


Cabecera-web-ecultura.png