Espectáculo cómico infantil: “Saaabor!”, da Cia. Fran Rei e Félix Rodríguez

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Domingo 23 de setembro. 2018
| Ás 19:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

“Saaabor!”, da Cia. Fran Rei e Félix Rodríguez

Culturactiva SCG presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.

Félix Rodríguez é un actor e músico cunha ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko, Píscore e Trío Refugallo, que nesta ocasión se complementa perfectamente con Fran Rei, cómico que ten participado en máis de 20 montaxes con compañías como Os Sete Magníficos máis Un, Pallasos en Rebeldía ou Acontrabutaca. Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fará as delicias de os padais máis esixentes.


“Saaabor!”, da Cia. Fran Rei e Félix Rodríguez


Cabecera-web-ecultura.png