Espectáculo de maxia: “Código”

| Luns 23 de setembro. 2019
| Ás 18:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
> En caso de choiva trasladarase á Carpa do Roxy

Espectáculo de maxia: "Código"

Un espectáculo da compañía Dani García.

Código: dise da combinación de letras, números ou caracteres que nos permiten formular e descifrar mensaxes que doutro xeito permanecerían ocultos. O código lingüístico posibilítanos a comunicación coas demais persoas. Pero… que pasaría se perdésemos ese código? Ou se nos atopásemos con persoas que usan outro diferente? Sería posible comunicarnos dalgún xeito?

Esa cuestión é a que guía este espectáculo do mago Dani García. Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer, e perdido no presente, no eiquí, no agora, está o noso viaxeiro protagonista, o noso coleccionista de linguas. Sempre na busca de novas amizades coas que engadir un código máis na súa maleta de camiñante. E o que empezou sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un código máis, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.

Código é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.



Espectáculo de maxia: "Código"


Cabecera-web-ecultura.png