Espectáculo de maxia: “Don Gelati”, do mago Dani García

| Sábado 29 de setembro. 2018
| Ás 18:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Don Gelati Dani García

Un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de xeados co seu carriño e con moitas ganas de sacarlles un sorriso aos veciños. Mais o pobre Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carro, que terá que arranxar con enxeño e con non pouca maxia antes de que os seus xeados se derretan.

Dani García constrúe, empregando a súa habitual destreza e con este entrañable personaxe, unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras e a comunicación co público é constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa, sinxelo e directo, con grande mobilidade, sen necesidades técnicas externas e practicamente sen límites para a fantasía.


Don Gelati Dani García


Cabecera-web-ecultura.png