Espectáculo de narración oral de Lorena Pinheiro: Seica

| Sábado 8 de agosto. 2020
| Ás 21:30 h.
Centro Recreativo Cultural Mosteiro de Budiño » ver mapa

Espectáculo de narración oral de Lorena Pinheiro: Seica. Historias contadas de vergoñas, silencios e rebeldías


A Concellería de Cultura, sendo coñecedora de que a situación da pandemia da Covid-19, fixo que moitas das actividades culturais das parroquias e barrios fosen canceladas, e mantendo contacto coas asociacións da veciñanza, faise unha proposta programática, coas garantías de seguridade sanitaria, favorecendo a dinamización cultural á vez que se potencian os recursos dos artistas locais.


Seica

Historias contadas de vergoñas, silencios e rebeldías. Emoción, diversión e reflexión empregando como ferramenta un dos apeiros máis antigos da humanidade: as historias contadas.

Historias, contos e faladurías recollidas na parroquia da narradora e no seo da súa familia, acompañando o espectáculo de pequenas intervencións musicais coa pandeireta da súa avóa Saladina, unha das protagonistas das historias que sucederon en Meder, alá polos anos 40.

Curas, señoritos, amores e foliadas, arquetipos das historias tradicionais baixo umha mirada actual atravesados pola retranca galega.

Lorena Pinheiro sabe contar historias dende que as historias veñen a ela. Críase nun bar de aldea no que aprende a aplicar o método da súa avóa: escoitar para captar toda a atención da familia nos xantares dos domingos, coas últimas novidades sucedidas na parroquia.



Espectáculo de narración oral de Lorena Pinheiro: Seica. Historias contadas de vergoñas, silencios e rebeldías


Cabecera-web-ecultura.png