Espectáculo musical: Concerto lírico

| 10 de marzo. 2017
| Ás 20:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

Eugenia Osterberger

A soprano Susana de Lorenzo e a pianista Beatriz López Suevos descúbrennos a obra para voz e piano de Eugenia Osterberger, tras un intenso traballo de recuperación por parte dainvestigadora Rosario Martínez e da investigadora e musicóloga Beatriz López-Suevos .


EUGENIA OSTERBERGER. A COMPOSITORA GALEGA DA BELLE ÉPOQUE

Eugenia Osterberger foi compositora e pianista compostelana, nacida en Santiago en 1852 e figura relevante no panorama musical e cultural de Galicia no último terzo do século XIX. Instalada na Coruña asinou partituras que publicaba Canuto Barea, pero que tamén se imprimían en Madrid e París. Relacionábase con Emilia Pardo Bazán, coa comisión que promovió a creación da Real Academia Galega, da que chegou a ser membro correspondente. Ademais da súa produción musical Osterberger participou en iniciativas de dignificación da cultura galega e foi académica corresponsal da RAG.

Contribución á creación musical galega:

A obra de Eugenia Osterberger e a súa contribución á consolidación da música culta de raíz galega é aínda unha gran descoñecida para o público galego, pero tamén para os intérpretes e estudos actuais. As súas composicións fíxanse en dous repertorios: o de piano solista, con pezas líricas e bailes de salón, e as cancións ou melodías galegas para voz e piano, nas que amosa o seu interese e compromiso co valor do patrimonio popular, da lingua e da cultura propias. Estas composicións contribuíron á creación dun legado musical galego no ámbito culto, onde tamén se atopan Marcial do Adaíl, Xoán Montes, Xosé Castro Chané, José Baldomir, Andrés Gaos ou Enrique Lens.


SUSANA DE LORENZO

Profesora de Latín e Grego compaxina o seu labor docente coa Música.

Cultiva diversos xéneros musicais: Lied, Musical, Zarzuela, Repertorio Sacro, Rock… interpretando a compositores como Haendel, Bach, Mozart, Beethoven, Rossini, Dvorak, Fauré, Chapí, Gershwin, Bernstein, e sen dúbida o repertorio galego… Canta coa Orquestra Sinfónica de Galicia, coa Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, coa Filharmonía de Santiago, coa  Orquestra Sinfónica de Melide, con Mondello Quartet,coa Orquestra de Cámara Galega, coa Banda Municipal de Coruña; e baixo a dirección de James Ross, Curt Cacciopo, J.C. Peña, Melani Crompton, David Ethéve, Fernando Vázquez Arias, Zumalave, Sardelli, José Luis. Represas e Enrique Rodríguez.

Co grupo DOA grava “A fronda dos cervos”, centrado na Lírica Medieval Galaico-Portuguesa, galardoado como mellor disco de música folk de  Galiza do 2011 entre os numerosos premios que recibiu.

Forma o grupo de Músicas do Mundo DEUSA TOLA que recrea os sons atlánticos.


BEATRIZ LÓPEZ-SUEVOS HERNÁNDEZ

Beatriz López-Suevos é Licenciada en Historia e Ciencias da Música, en Ciencias Económicas e Profesora Superior de Piano, Música de Cámara, Pedagoxía e Linguaxe Musical. Compaxina o seu labor docente coa interpretación musical e a investigación musicolóxica.

Os seus temas de investigación son os aspectos comerciais na intermediación musical, a historia da interpretación musical e os xéneros do piano do século XIX. Os seus estudos están publicados pola Asociación Española de Documentación Musical (AEDOM), o Centro de Documentación Musical de Andalucía, a Asociación de Estudios Históricos de Galicia e a Universidade da Coruña, entre outros.

No eido do patrimonio musical galego destacan o seu estudo e descrición do Arquivo Berea (depositado na Diputación da Coruña), e “Las Romances sans paroles de Marcial del Adalid en el piano de salón decimonónico”, que foi o seu Diploma de Estudos Avanzados (DEA) na Universidade de La Rioja. En colaboración con Rosario Martínez publica en Nalgures o estudio sobre a compositora compostelá Eugenia Osterberger.

Tamén escribe notas ao programa para a Fundación Siglo para las Artes de Castilla y León, Real Filharmonía de Galicia, Festival Mozart e a Sociedad Filarmónica de A Coruña.


Cabecera-web-ecultura.png