Espectáculo musical: Guadi Galego

| 8 de marzo. 2017
| Ás 20:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

Apertura de portas ás 20:00 h.
Aforo limitado


Guadi Galego

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta no 2016 O mundo está parado o seu terceiro traballo como solista tras o álbum Benzón (2009) e Luas de outubro e agosto (2014).

A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestin@s, Espido e aCadaCanto.

O mundo está parado (FOL Música, 2016) está conformado por 10 temas: seis da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de Pachi García, que exerce de novo como produtor musical. A primeira e limitada edición do disco, á venda desde o 4 de novembro de 2016, foi unha tirada de 1.000 vinilos, esgotada en apenas un mes.

Un son envolvente con arrecendo pop que garante potentes directos, unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.

Máis información sobre Guadi Galego na súa web » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png