Espectáculo Nocturno Pomper

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 6 de xaneiro. 2017
| Ás 19:30 h.
| Entrada libre ata completar aforo
Praza Arquitecto Antonio Palacios* » ver mapa
* En caso de choiva, trasladarase ao Pavillón Municipal dos Deportes

Espectáculo Nocturno Pomper

A noite é un dos mellores momentos para crear pompas de xabón xigantes. A humidade relativa do aire é máis alta, a temperatura refresca o ambiente e o vento para ou se converte nunha suave brisa. Nestas condicións as pompas chegan ao seu máximo esplendor. Pódense facer pompas realmente xigantes ( megapompas) de máis de 2 metros de diámetro, varios metros de lonxitude e mantéñense vivas por máis tempo. As burbullas de fume tinguidas con luces de cores voarán no ceo ao ritmo do vento e da música, creando un espectáculo marabilloso, moi orixinal, relaxante e moi atractivo. O ambiente que se crea é fascinante, as pompas reflicten a contorna e as luces do lugar onde se realiza o espectáculo, adoptando incribles formas no aire, sorprendendo e cativando a todos espectadores.

Máis información sobre a compañía Pomper, no súa páxina web » ligazón externa


Espectáculo Pomper


Cabecera-web-ecultura.png