Espectáculo Ópera Break´s

| Luns 28 de setembro. 2020
| Ás 18:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Ópera Break´s

O domingo 27 de Setembro ás 18:00 horas presentamos no Porriño (Parque do Cristo) o espectáculo “ÓPERA Break’s”, un show producido por Vella Escola e EmanArte.

“Ópera Break´s” mestura Ópera, Breakdance e Dj nun único espectáculo de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola, Dj Mil e os bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock.

DUALIDADE… A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela direccionada aos mozos, libre de normas, transgresora, que se cultiva nos suburbios e que se desenvolven sin vínculo a nada.

Conta unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompe as barreiras do clásico e do urbano, fusionándose nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode ocorrer…

Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?


 

Ópera Break´s

Ópera Break´s

Ópera Break´s


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png