Exhibición: “Ecopercussión”

ACTUALIZACIÓN: EVENTO CANCELADO

Cancelado como medida de prevención ante a propagación do COVID-19.
| Luns 30 de marzo. 2020
| De 11:00 a 13:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Obradoiros de Ecopercussión para escolares nos centros educativos do Porriño como actividade concertada previa, os días 9, 10, 16, 17 e 27 de marzo)

Exhibición: “Ecopercussión”

A concellería de Educación a través da OMIX do concello , levará a cabo durante o mes de marzo a actividade “ECOPERCUSSION”.


Obradoiros

Esta actividade terá unha primeira parte impartida nos centros de ensino e dirixida aos alumnos de 5º e 6º de primaria, os días 9, 10 , 16, 17 e 27 de marzo.

Realizaranse unha serie de talleres enfocados á formación e execución de grupos de percusión onde só interveñan instrumentos procedentes de materiais reciclados. Estes materiais, chamados tamén cotidiáfonos, poden ser botes de pintura, bidóns , latas, tuberías etc.

A metodoloxía empregada é propia e xenuina do Proxecto Ecopercussion, mesturando elementos de percusión vocal con exercicios de coordinación e patróns polirítmicos afrolatinos, eco-Batucada.

Esta parte da actividade é concertada cos centros educativos.


Exhibición

Será o 30 de marzo, de 11:00 a 13:00 h., na Praza Arquitecto Antonio Palacios, con todos os centros participantes, ao redor de 300 alumnos.

O obxectivo final é a montaxe e execución dunha banda de percusión con material reciclado, amosando as técnicas de agarre, golpeo, lateralidade, coordinación, uso da percusión vocal e corporal.

Tamén darán a coñecer os patróns rítmicos aprendidos , que fragmentándose e superpoñéndose,  logran crear poliritmias e contrapuntos ao xeito dos ritmos afrolatinos.

Esta segunda parte é aberta a todo o público en xeral.


Centros participantes:

CEIP( Antonio Palacios, Ribeira, Xosé Fernández López, Atios e Cruz budiño), CPR (Irmáns Quiroga e Santo Tomás) e ACEESCA.


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png