Exposición de óleos e acurelas: “Viviendo y pintando”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Do venres 13 de setembro ao 5 de outubro. 2019
| Inauguración: venres 13 de setembro, ás 20:00 h.

Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

Exposición de óleos e acurelas: "Viviendo y pintando"

Autora: Carmen Toro Cabaleiro

O Círculo Recreativo e Cultural acolle, nesta exposición, a obra da pintora Carmen Toro Cabaleiro, unha selección de óleos e acuarelas baixo o título “Viviendo y pintando“.

A exposición inaugúrase o venres 13 de setembro, ás 20:00 h. e permanecerá aberta ata o 5 de outubro.


Tiven a fortuna de facer a miña primeira exposición en solitario en O Porriño en setembro do 2011, coincidindo con importantes cambios na miña vida persoal e laboral. Daquela xa comentaba a necesidade de pintar e de expresarme mediante unha espátula ou un pincel casi a diario.

Quixo a vida que tivera a sorte e a honra de que meu amigo Carlos Solla fixera a presentación da mesma, sendo quen de comprender as motivacións dun acto pictórico cotiá, así se transformou en arte mediante as súas fermosas palabras e poesía.

A pintura, como a poesía, ten moito de menciña. O seu principio activo destílase no íntimo. Se eu for galeno, prescibiría, cando menos, una dose diaria deste xarope reconstituínte. A poesía e a pintura son podentes xénericos do espírito libre e creativo. E logo dinque o peixe é caro. A poesía e a pintura non caducan, non se derraman, e o organismo asimílaas xenerosamente sen medo a efectos secundarios, todo o máis, una sobredose de emoción.

Lemos, Carme, no prospecto, que apintura é, amaiores, o teu xeito de expresarte, de comunicarte co mundo. Eu conclúo que a luz poética proxectada nos teus cadros ben se pode administrar en pos de cor como en pílulas tinguidas de palabras. E por se alguén o dubidar:

Porque ti mo pediches,
foi a amizade,
dacabalo dunha onda de cores,
a que fixo florir a primavera
e, arrepóndose as ondas,
faros de cor espellaron no horizonte
una ilusión,
e vinas a elas,
a todas elas,
as mulleres queridas
da miña infancia,
patria de ledicia:
lembrando a miña avoa,
toda unha vida,
o traballo
entreterras,
a miña nai, a nai da miña nai:
nenas eternas
con sombreiro de palla,
no areal de Portocelo.
Sen apear dos faros que ao lonxe escintilan,
a lombos dun máxico carrusel,
Azu – Carme – convídanos ao seu paraíso
e Lola – Carme – danos de cea
óleos e acuarelas
para mollar pan
e acabar lambendo os dedos.


Exposición de óleos e acurelas: "Viviendo y pintando"

Exposición de óleos e acurelas: "Viviendo y pintando"


Cabecera-web-ecultura.png