Exposición: “Debuxos e pinturas do arquitecto Antonio Palacios”

| Inauguración: xoves 28 de febreiro, ás 20:30 h.
| Do xoves 28 de febreiro ao 29 de marzo. 2019
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Exposición: "Debuxos e pinturas do arquitecto Antonio Palacios"

A exposición contén unha selección de obras que nos presentan unha cara descoñecida do arquitecto Antonio Palacios en relación á expresión artística. Esta obra plástica está composta basicamente por bosquexos, debuxos, apuntes e pinturas. A maior parte foi elaborada en “cadernos de campo” que o arquitecto compoñía nas súas múltiples viaxes pola xeografía peninsular e, especialmente, en Galicia.

Estas estampas non só teñen relación co oficio estritamente construtor senón que penetran nos ámbitos do debuxo artístico e da pintura, revelando Antonio Palacios Ramilo unhas habilidades excelentes para o grafismo que moitas veces realizaba como sinopses, con rapidez, a debuxo alzado. Noutras ocasións detíñase na destreza no uso das acuarelas e os pigmentos.

Na inauguración estarán o historiador Xosé Ramón Iglesias Veiga e o fotógrafo Xulio Gil.


Exposición: "Debuxos e pinturas do arquitecto Antonio Palacios"


Cabecera-web-ecultura.png