Exposición fotográfica: Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Do 9 de maio ao 2 de xuño. 2019
| Inauguración o xoves 9, ás 11:30 h.

Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

ruth_matilda_anderson_1

A Alcaldesa de Porriño, Eva García e Paloma Vela, coordinadora adxunta da Area de Cultura de “Afundación”, Obra Social de ABanca, suscribiron o convenio mediante o cal as tres entidades levará a cabo a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia».

A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurarase o vindeiro 9 de maio no Centro Cultural Municipal onde se poderá visitar ata o 2 de xuño, de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h.

Na mostra de fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocuparán un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas servirá como fondo para o programa de mán da exposición.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia.

No que atinxe á exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dosa nos vinte. Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións entre 1924 e 1926 pola Galicia interior e costeira. Acompañada polo seu pai, percorreu Galicia, aprendeu as linguas, castelá e galega, e os costumes, dirixiuse ás aldeas e falou coa xente. O seu trato tan próximo coas mulleres e homes de Galicia favoreceu que o seu traballo reflectise con tanto coidado e empatía a realidade galega dos anos vinte.

Afundación – Obra Social ABANCA. The Hispanic – Museum & Library


Exposición fotográfica: Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia


Cabecera-web-ecultura.png