Exposición fotográfica “Viaxando”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Do venres 15 de setembro ao 9 de outubro. 2017
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Exposición fotográfica Viaxando

Dende o venres 15 de setembro, e ata o vindeiro 9 de outubro, como parte das actividades da programación das Festas do Cristo 2017, poderá visitarse na OMIX do Concello -situada na planta baixa do Centro Cultural Municipal-, a exposición de fotografía “Viaxando” que amosa os traballos presentados ao Premio de fotografía do mesmo nome.

Este Certame, conxuntamente coa exposición itinerante, está organizado por noveno ano consecutivo polas Oficinas de Información Xuvenil (OMIX) dos concellos do O Porriño , O Rosal, Tomiño, A Guarda, Baiona, Salceda de Caselas, Gondomar e o Espazo Xove de Tui dentro do traballo en rede que veñen realizando anos atrás.

Este ano participaron un total de 20 artistas de idades comprendidas entre os 12 a 30 anos e a foto gañadora foi “La Frontera entre el cielo y la tierra”, da guardesa Cristina Araujo.


Cabecera-web-ecultura.png