Exposición: “Fuera de escena”, de Rubén de Marina e Sebastián Cocucci

| Do 1 ao 30 de setembro. 2020
| De 10:00 a 14:00 h. de luns a venres
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Fuera de escena. Festival de Cans

Inauguración: martes 1 de setembro, ás 20:00 h.
Visita guiada + actuación de Noemi Fernádez: martes 1 de setembro, ás 20:30 h. con inscrición de asistencia no correo: biblioteca@oporrino.org

Fuera de escena está creada por un escritor, Rubén de Marina, e un fotógrafo, Sebastián Cocucci, á procura dunha expresión: a que debuxaría o teu rostro se vises a morte de fronte. Poñen esa cara 16 actores e actrices que, desta volta, van sen ficción a por ela: Mabel del Pozo, Yolanda Ramos, Alberto Ammann, Fernando Tejero, Nathalie Poza, Luis Tosar, Carmen Ruiz, Juanca Vellido, Antonio Velázquez, Malena Alterio, Andrés Lima, Ángela Cremonte, Itziar Castro, Óscar Jaenada, Nacho Guerreros e Maui de Utrera. A mostra estivo exposta en Matadero Madrid durante o mes de abril de 2019 e en Clorofila iDgital en outubro do mesmo ano.

De Marina escribiu Fuera de Escena pensando en como se sentirían no transo final persoas que viven de meterse noutros personaxes e noutras vidas; como é a cerimonia antes de subir ao escenario mentres o medo escénico axexa fronte ao micrófono. Con este proxecto o escritor quixo chegar ao fondo das expresións dos actores e das actrices servíndose da cámara de Sebastián Cocucci: descubrir, coa palabra e coa imaxe, como sería ter por un intre a morte diante. Que forma amosaría? Como arrostrariamos ese momento?

A exposición abre unha porta máis para un tema do que ninguén fala pero todos sabemos que chega. Pois con Fuera de escena os autores pretenden dicirlle á morte que todos temos un asunto persoal con ela.


Exposición Fuera de escena. Festival de Cans


Cabecera-web-ecultura.png