EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA + DOCUMENTAL E CHARLA SOBRE MARCIAL LAFUENTE ESTEFANÍA

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
 Marcial Lafuente Estefanía

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA SOBRE MARCIAL LAFUENTE ESTEFANÍA

| Do 23 de outubro ao 3 de novembro. 2017
Biblioteca Municipal » ver mapa

DOCUMENTAL E CHARLA CON JOSÉ BALLESTA DE DIEGO, DIRECTOR DE “M.L. ESTEFANÍA. GALICIA MÁIS OESTE QUE NUNCA”

| Luns 23 de outubro. 2017
| Ás 19:00 h.
| Entrada libre ata completar aforo
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa


“M.L Estefanía. Galicia, máis Oeste que nunca”, é un longametraxe documental, en galego e castelán de 100 minutos de duración.

Mediante testemuños e material de arquivo abórdase a figura de D. Marcial Lafuente Estefanía, popular autor de novelas do Oeste, que comezou a súa carreira en Vigo nos anos 40, da man da Editorial Cíes, a primeira galega da posguerra.

Entre os participantes destaca Federicio Lafuente, fillo de Marcial que segue escribindo as noveliñas do pai, e con profundos lazos con Vigo ao transcorrer aquí a súa infancia e adolescencia. Xunto a él entrevístase a escritores como Fernando Sabater, X.L. Mendez Ferrín, Francisco G. Ledesma, Eduardo Mendicutti ou Domingo Villar; especialistas como Carlos Abraham, Fernando Eguidazu e Pedro Puialto; ou á popular autora de novela rosa Corín Tellado, falecida en 2009, e que concedeu a súa última entrevista para este documental.

Por outra banda, lectores e vendedores, de España e Latinoamérica, axúdannos a comprender a vixencia do fenómeno Estefanía. O documental desprázase, con este obxecto, a Barcelona, Madrid, Montevideo, Managua ou Bos Aires.

Inédito material de arquivo, localizado tras unha exhaustiva labor de investigación, complementa os citados testemuños. Resaltar, o apoio da familia do fundador de Cíes, Barrientos, que proporcionou fotografías e documentos diversos cos que se puido reconstruir a intensa actividade da editorial nos seus 20 anos de existencia.

Finalmente, a modo de noveliña, o documental inclúe o considerado primeiro western galego ou grelos- western, ‘NAIPE DE SANGUE’, estrenado no Festival de Cans, en maio de 2010 e protagonizado por Silvia Superstar e Eladio Santos entre outros. Este curtametraxe despertou o interese dos medios de comunicación e cosechou un gran éxito do público e a crítica; resultando seleccionado para competición, entre máis de 700 producións de todo o mundo no Festival Internacional de Cine de Ourense.


logo-biblioteca-web-eculturaCabecera-web-ecultura.png