Fanfarria Taquicardia

| 26 de setembro. 2016
| Ás 21:00 h.
| Rúas do centro da vila

11 rapaces das Rías Baixas de Barsovia, ritmos balkánicos, melodías klezmer, do mesmo centro dos Cárpatos, chegan sempre montando escándalo, sen amplificadores, sen micrófonos, sen sacionalísimos…

A Fanfarria Taquikardia é fundada en 2009 por músicos de diversas influencias, hoxe é un grupo que ensaia cada semana e aínda que xa leva moitos torreiros conquistados, moitos máis lle quedan por conquistar. Os medios nos que se move con solvencia son variados, xa sexa nunha carpa, na rúa, no escenario ou no camión da chatarra; a velocidade vertixinosa das armonías centroeuropeas que os caracterizan serve sempre como banda sonora de momentos inesquecibles, xa sexa pola súa musicalidade ou polo surrealismo escenográfico co que adoitan acompañar ós seus concertos. Con máis de 250.000 visitas ao psiquiatra pola súa culpa, estan a piques de presentar o seu segundo traballo discográfico tralo éxito de “Sístole?, Diástole!” o seu primeiro Cd.

Máis información sobre Fanfarria Taquikardia, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png