Festa Gastronómica dos Cachos

| Domingo 12 de maio. 2019
| A partir das 12:00 h.
| Barrio do Cristo dos Cachos » ver mapa

Festa dos Cachos 2019

Organiza Ahospor – Asociación de Hostaleiros do Porriño e a Asociación Veciñal San Benito e San Sebastian. Colabora o Concello do Porriño.

A historia vén de lonxe, remóntase á resistencia porriñesa para evitar a entrada dos franceses na vila. Para conmemorar aquel momento histórico levantouse un cruceiro en Porriño e, ao redor del, foi crecendo un barrio que se converteu nun dos máis emblemáticos da localidade.

Honrando ao Cristo dos Afligidos comezou a celebración dunha festa en maio e aos elementos relixiosos fóronse sumando outras actividades de lecer, entre elas, a parte gastronómica coas centolas como protagonistas; un marisco que aquí chaman “cachos” como se coñece desde entón ao propio barrio.

Esta festa foi gañando fama nos arredores, con todo, a principios dos 80 fóronse perdendo seguidores, ata desaparecer. Hai uns anos, e grazas ao apoio da Administración, os veciños  recuperárona e para que non volva desaparecer, edición tras edición, esfórzanse por ter unha programación máis atractiva. Colabora a Concellería de Festexos de Porriño e organízana os propios veciños e veciñas do barrio, asegurando a súa continuidade.

Haberá “cachos” (centolas), ademais tamén se poderá degustar polbo, rosca, rosquillas, pan e viño.


Cabecera-web-ecultura.png