Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Música

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 21 de xuño. 2019
| Ás 20:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Música do Porriño

A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Música do Porriño. A actuación a cargo das agrupacións da escola comezará ás 20:00 horas. Cando remate o festival entregaranse as notas aos alumnos, por curso.

Por outra banda, a dirección da Escola Municipal informa cara ó vindeiro curso que a preinscipción de alumnas e alumnos xa matriculados, comezou o pasado día 14 e seguirá ata o día 28 de xuño, en horario de 16:30 a 20:30 horas, na propia Escola Municipal de Música. Para novas alumnas e alumnos, a preinscripción abrirase o 1 de xullo, ata o 31 de xullo, tramitándose no Centro Cultural Municipal. A matrícula formalizarase por rigurosa orde de entrega de preinscripción.


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png