Festival Folclórico Internacional

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 25 de xullo. 2016
| Ás 21:00 h.
Praza Arq. Antonio Palacios » ver mapa

      • Rusava Folk Dance Group. Rusava, República Checa
      • KUD Baščaršija. Sarajevo, Bosnia – Herzegovina
      • Banda de Gaitas Pontenova de Salvaterra

Rusava Folk Dance Group. Rusava, República Checa

O conxunto de danzas Rusava proven da localidade de Bystrice Pod Hostýnem e foi fundado en outubro de 1953. O amor a arte popular e as tradicións da zona Walachian (Valašsko) trouxo hacia o grupo centos de danzantes e músicos.

Rusava participou en moitos festivais e encontros de folclore por toda Europa, representando o folclore nacional da República Checa. Organiza un festival internacional chamado “Na rynku v Bystřici” que se realiza cada dous anos na praza da cidade. Organizan tamén diversas festas tradicionais como as de St. Nicholas e luns de Pascua, que presevan as antigas tradicións de Valaquia.

O instrumento máis característico é o Cimbal, unha especie de mesa con cordas da cal se consigue facer música percutindo sobre éstas.

Rusava presenta no repertorio as danzas tradicionais Valaquia que combinan con cancións tradicionais.


 KUD Baščaršija. Sarajevo, Bosnia – Herzegovina

No ano 1994, a Asociación Artística-Cultural Baščaršija retomou as actividades da Asociación Cultural Artística “Miljenko Cvitkovic”, que fora establecida en 1947, tomando dende entón o nome do que é o núcleo da herdanza cultural de Saraievo, o casco antigo da capital de bosnia – Herzegovina.

A asociación é unha das máis desenvolvidas en Saraievo, e en Bosnia – Herzegovina. Ten representado a súa cultura en moitos países europeos, asiáticos e africanos. Baščaršija alcanzou un moi alto valor artístico, contando no seu plantel cun gran número de artistas profesionais recoñecidos no eido da danza, música e canto tradicional.

O repertorio da Asociación está composta por danzas e cantos dos pobos de Bosnia e Herzagovina, creado por unha serie de coreógrafos  e músicos de renome no seu país, coa intención de ser trasladadas, de forma auténtica, ás novas xeracións.

Máis info sobre KUD Baščaršija na súa páxina web » ligazón externa
Máis info sobre KUD Baščaršija no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png