Festival Montando o Cristo

| Sábado 30 de setembro. 2017
| Ás 23:30 h.
Carpa do Roxy » ver mapa

Montando Cristo Festival. Festas do Cristo 2017. O Porriño

Montando Cristo Festival chega este ano a súa cuarta edición cunha aposta arriscada, unha edición no que o rock terá unha forte presencia representada en catro bandas de pendentes moi dispares. A organización do MCF sempre aposta por bandas emerxentes, pero consagradas á vez, que loitan por conseguir un recoñecemento neste mundo tan difícil, con camiños cheos de trabas e de portas case sempre pechadas.

Este MCF2017 comezará ca súa festa presentación o Venres 29 de Setembro nas escaleiras do Parque do Cristo ca actuación de “Tati’s Joplin & The Kozmic Blues Band”, unha banda tributo á desaparecida Janis Joplin e a sua formación mais lexendaria. “Tati’s Joplin & The Kozmic Blues Band” é unha banda formada por músicos de diferentes bandas da provincia que conseguen que fechemos os ollos e nós creamos que estamos nalgún dos seus concertos dos finais dos 60…. poucos músicos atrévense cos temas de Janis Joplin… sempre eterna…

O sábado 30 de Setembro será a xornada forte do festival que como xa é costume celebrarase na “ Carpa do Roxy” onde poderemos disfrutar de tres bandas galegas que ultimamente están dando moito que falar.

Máis información sobre Montando Cristo Festival, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Anima. Montando Cristo Festival. Festas do Cristo do Porriño

Ånima

Dende A Coruña chegan Ånima, presentando o seu novo traballo “En Guerra”, despois duns anos de éxito do seu anterior traballo “Tresmilonce” este novo disco ven acompañado dun directo no que se coida ata o último detalle, unha actuación que non deixará indiferente a ninguén.

Máis información sobre Ånima na súa web » ligazón externa


Stoned at Pompeii. Montando Cristo Festival. Festas do Cristo do Porriño

Stoned at Pompeii

“Stoned at Pompeii” é unha formación de Vigo que leva anos traballando “á sombra”, despois de varios concertos e anos de loita conseguen sacar tempo e forzas e veñen a presentar “Ancroidal” , o seu primeiro traballo, un disco de puro R&R… neste traballo reflexanse horas de composicións coidadas ó milímetro, unha producción exquisita digna das bandas da división de honor, un disco que vai dar moito que falar.

Máis información sobre Stoned at Pompeii na súa web » ligazón externa


Blast Off. Montando Cristo Festival. Festas do Cristo do Porriño

Blast Off

Dende o veciño concello de Tui chegan “Blast Off”, o Trash Metal que practica esta xente non é para calquera… uns riffs imposibles a velocidades de vértigo fan de esta banda un dos estandartes do Metal Galego, despois de participar en festivais de renome coma o “Resurrection Fest” ou o “ SWR Barrosellas Metal Fest” os tudenses darán a sua derradeira data no MCF para voltar o estudio a gravar o seu terceiro traballo.

Máis información sobre Blast Off no seu perfil de Facebook » ligazón externa