Festival Montando O Cristo. Presentación

| Presentación: venres 29 de setembro. 2017
| Ás 23:00 h.
Parque do Cristo » ver mapa

Montando Cristo Festival. Presentación

Montando Cristo Festival chega este ano a súa cuarta edición cunha aposta arriscada, unha edición no que o rock terá unha forte presencia representada en catro bandas de pendentes moi dispares. A organización do MCF sempre aposta por bandas emerxentes, pero consagradas á vez, que loitan por conseguir un recoñecemento neste mundo tan difícil, con camiños cheos de trabas e de portas case sempre pechadas.

Este MCF2017 comezará ca súa festa presentación o Venres 29 de Setembro nas escaleiras do Parque do Cristo ca actuación de “Tati’s Joplin & The Kozmic Blues Band”, unha banda tributo á desaparecida Janis Joplin e a sua formación mais lexendaria.

O sábado 30 de Setembro será a xornada forte do festival que como xa é costume celebrarase na “ Carpa do Roxy” onde poderemos disfrutar de tres bandas galegas que ultimamente están dando moito que falar.

Dende A Coruña chegan Anima, presentando o seu novo traballo “En Guerra”, despois duns anos de éxito do seu anterior traballo “Tresmilonce” este novo disco ven acompañado dun directo no que se coida ata o último detalle, unha actuación que non deixará indiferente a ninguén.

“Stoned at Pompeii” é unha formación de Vigo que leva anos traballando “á sombra”, despois de varios concertos e anos de loita conseguen sacar tempo e forzas e veñen a presentar “Ancroidal” , o seu primeiro traballo, un disco de puro R&R… neste traballo reflexanse horas de composicións coidadas ó milímetro, unha producción exquisita digna das bandas da división de honor, un disco que vai dar moito que falar.

Dende o veciño concello de Tui chegan “Blast Off”, o Trash Metal que practica esta xente non é para calquera… uns riffs imposibles a velocidades de vértigo fan de esta banda un dos estandartes do Metal Galego, despois de participar en festivais de renome coma o “Resurrection Fest” ou o “ SWR Barrosellas Metal Fest” os tudenses darán a sua derradeira data no MCF para voltar o estudio a gravar o seu terceiro traballo.

Montando Cristo Festival é un evento gratuito para que todos disfrutemos dunha noite de R&R, de música en directo, de amigos e cervexa, se te gusta o “reguetón” non veñas… perdes o tempo.

Máis información sobre Montando Cristo Festival, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Tati's Joplin and the Kozmic Blues Band. festas do Cristo 2017. O Porriño

Tati’s Joplin & The Kozmic Blues Band

“Tati’s Joplin & The Kozmic Blues Band” é unha banda formada por músicos de diferentes bandas da provincia que conseguen que fechemos os ollos e nós creamos que estamos nalgún dos seus concertos dos finais dos 60…. poucos músicos atrévense cos temas de Janis Joplin… sempre eterna…

Máis información sobre Tati’s Joplin & The Kozmic Blues Band no seu perfil de Facebook » ligazón externa


VER MONTANDO CRISTO FESTIVAL > SÁBADO 30 ]

Montando Cristo Festival


Cabecera-web-ecultura.png