Festival Montando o Cristo

| 1 de outubro. 2016
| Ás 22:30 h.
Carpa do Roxy » ver mapa

The Soul Jaket / Daharma Vox / Supernatural


The Soul Jaket

The Soul Jacket, formados entre Vigo e Nigrán (Pontevedra) no ano 2004, traballaron duro ata establecerse como o referente do rock&roll na cidade de Vigo. O seu sorprendente primeiro álbum “Wood Mama” (autoeditado, 2012) gravado nos estudos do cántabro Hendrik Röver (Os Deltonos) pronto os situou nun posto privilexiado dentro da escena underground nacional, e prensa especializada e público aínda non comprenden como unha banda tan nova e descoñecida puido crear un álbum de tanta categoría.

Pronto lle seguiu o EP de 3 temas pero máis de 20 minutos de duración “Gunpowder Valley”, gravado no propio local de ensaio de maneira artesanal e completamente autoproducido. Nesta rareza a banda móstrase libre de ataduras, con temas onde desenvolven arranxos instrumentais inspirados no Southern Soul máis acústico, ou as melodías bucólicas daquel Laurel Canyon de principios dos setenta. Do mesmo xeito que o seu predecesor, o contido musical e lírico derivaba entre o positivismo lisérgico máis suorento e a urxencia dun cambio. No tema que dá nome ao EP, o seu cantante Toño López denunciaba, entre o plañido e o berro, unha situación social e ambiental sen precedentes pero cunha naturalidade e nudez cegadoras.

The Soul Jacket son os lexítimos herdeiros dese son tipicamente americano -profundo pero cálido- e á carismática voz e a humillante presenza escénica de Toño López, súmanse Jann Zerega ao baixo e voces, Guillermo Gagliardi e Jorge Mizer ás guitarras e voces, Xabier Vieitez ás teclas e Mauro Comesaña á batería e voces. A banda destila un rock&roll clásico, pero cunha pátina de Soul sureño e autenticidade capaz de poñer ao público en pé e de pecharlle a boca ao máis escéptico.

En novembro de 2014 The Soul Jacket sacan o seu segundo e esperado álbum de estudo de longa duración, ao que titularon “Black Cotton Limited”. De novo con Hendrik Röver aos controis da mesa de son, este novo traballo ofrece 15 cortes (constará dun dobre LP na súa edición en vinilo) e preséntanos a uns The Soul Jacket que se deslizan libremente entre os estilos desa Norte América mítica que tan ben souberon absorber e incorporar a un rexistro propio xa de seu rico en matices.

Hai temas instantáneos empuxados por arranxos de vento afiados e reverberantes, suites instrumentais entrelazadas con harmonías vocais, medios tempos pegañentos como a melaza, cantigas mariñeiras de taberna de medianoite cantadas a dúas voces, desenvolvementos inquietantes arroupados por unha percusión afro-latina e mesmo unha triloxía central onde a pantasma dun caso sobrevoa as conciencias dunha parella de irmáns separados polo tempo e a distancia.

O último traballo da banda galega é, en definitiva, un disco redondo, que excede o listón deixado polos seus predecesores e que nos mostra a uns The Soul Jacket máis expostos, honestos e inspirados que nunca.

Máis información sobre The Soul Jacket, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Dharma Vox

O grupo Dharma Vox nace en marzo de 2013 tras a intención de Raúl Ben e Gonzalo Campanella de presentar unha serie de temas de composición propia situados nunha maqueta gravada xunto ao produtor porriñés Marcos Legazpi. A intención sempre foi presentar esta serie de cancións en directo con banda, buscando sempre un son especial cheo de matices, elementos, arranxos e sonoridades de numerosos estilos musicais pero sempre aplicándoo dentro dun marco Pop – Rock.

En abril de 2015 e xa co que a día de hoxe é hoxe a formación definitiva de Dharma Vox, entramos nos Estudos CASA DE TOLOS para gravar o noso primeiro single ?Once Horas? co que pretendemos dar a coñecer o noso música e tentar chegar ao maior número posible de persoas.


Supernatural

En Xuño de 2015 nace Supernatural, co renacemento do espontáneo e visceral nas entrañas máis profundas dos instrumentos destes catro apaixonados, apaixonados pola creación de novas sensacións en forma de música. Temas e cancións fraguados, en moitos casos, nos vales da improvisación, tomando forma máis rapidamente do que o propio corazón dos seus creadores pode asimilar, chegando así a bailar unha danza perfecta en harmonía con estilos e xéneros que poden chegar a rozar o Blues, ou o Southern Rock por momentos, e á súa vez o Hard Rock, o Metal, o Funk, ou o Modern Rock entre outros.

Máis información sobre Supernatural, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png