Festival Vive a Cultura Urbana

| Venres 3 de maio. 2019
| De 18:00 a 20:00 h. > Obradoiros 
Parque infantil » ver mapa
| De 22:00 a 01:00 h. > Concertos Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| Organiza: OMIX do Porriño

Festival Vive a Cultura Urbana


Programa “Vive a Cultura Urbana”

Presentamos “Vive a Cultura Urbana”, un programa de ocio activo dirixido á mocidade (+11 anos) e organizado en dous grandes bloques culturais;

1. Deportes Urbanos
2. Música e Arte Urbana.

O programa céntrase na Cultura Urbana e ofrece a oportunidade ás mozas e mozos de participar e coñecer ata 12 disciplinas diferentes en formato obradoiro (Breakdance, Parkour, Graffiti, Skate, Slackline, Beatbox, Rap, Dj, Scooter, Street Workout, Roller e Personalización de Gorras), distribuidos en 6 datas, coincidindo coas tardes e noites dos venres dos meses de Marzo, Abril e Maio de 2019 sumando un total de 20 horas de actividade.

As actividades propostas tratan de diferentes obradoiros de iniciación que permiten a participación activa da mocidade sen esixir coñecemento previo sobre ningunha das disciplinas urbanas, xa que o obxecto desta iniciativa é a de ofrecer unha alternativa de ocio saudable e creativa centrada no proceso e na experimentación, ofrecendo así outro xeito de pasar o tempo libre na rúa.

Finalmente preséntase unha última xornada con formato festival, que terá lugar o 3 de Maio e que dará peche ao programa con concertos, sesión Dj e un show de Beatbox.


Programación

As actividades desenvolveranse ao aire libre, sen necesidade de inscrición previa e están dirixidas a mozas e mozos maiores de 11 anos.

Para poder participar nas actividades non é preciso ter ningún coñecemento previo nin dispoñer de material ou equipamento concreto, só é preciso achegarse ao emprazamento 10 minutos antes da hora de inicio das actividades.

LOCALIZACIÓN: Instalacións da Pista Deportiva anexa ao parque infantil de Porriño e praza Arquitecto Antonio Palacios.


OBRADOIROS


TURNTABLISM DJ

TURNTABLISM DJ

O turntablism é unha técnica utilizada polos DJs de hip-hop, que consiste en mover un disco de vinilo cara a adiante e cara a atrás sobre o prato do tocadiscos para crear un efecto parecido ao de raiar o disco (scratch) e que, ben utilizado, axuda a construír ritmos e frases melódicas.

CONTIDOS:

  • Familiarización coa mesa de mesturas e a súa estructura.
  • Iniciación ás mesturas, uso do facer.
  • Técnicas e nocións básicas para a mestura de sons.
  • Técnicas de scratching co vinilo.
  • Práctica no manexo da mesa e os pratos.

OBRADOIRO DE BREAKDANCE

OBRADOIRO DE BREAKDANCE

A práctica do Breakdance fomenta o espírito da superación persoal, mellora a autoestima e estimula a creatividade ofrecendo a posibilidade de expresarse libremente a través do movemento.

CONTIDOS:

  • Aprendizaxe das técnicas fundamentais de desprazamentos e actitude postural do Breakdance (Toprocks).
  • Aprendizaxe das técnicas fundamentais de combinacións no chan (Footworks).
  • Aprendizaxe das técnicas fundamentais de combinacións no chan. Aprendizaxe de técnicas de equilibrio e posicións fundamentais (Freezes).
  • Elaboración dunha breve rutina de Breakdance.

Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png