Grupo de folk: Virandeira

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 12 de agosto. 2017
| Ás 22:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Virandeira O Porriño

Virandeira prosegue a súa andaina polo panorama musical galego co seu segundo álbum, Metamorfose, un disco co que a banda viguesa evoluciona cara un espectáculo máis xenuino e vital.

Da música celta ao rock, Virandeira aposta máis que nunca pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes.

Eles son: Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Kike Carrillo (batería).

Máis info sobre Virandeira, na súa web » ligazón externa


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png