I Carreira San Silvestre Solidaria Concello do Porriño

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Luns 30 de decembro. 2019
| Ás 20:00 h.
| Circuito urbano

I Carreira San Silvestre Solidaria Concello do Porriño

Organiza: Concellería de Asuntos Sociais

A primerira carreira San Silvestre Solidaria Concello do Porriño disputarase o 30 de decembro. Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 3 quilómetros e estará aberta a todas as idades.

O comezo da carreira será ás 20:00 horas, con saída desde a praza Arquitecto Antonio Palacios. Todos as corredoras e corredores deberán estar na zona de saída 10 min. antes do comezo da proba.

Un dos obxectivos desta cita é o seu carácter solidario. Todos os rexistrados deberán levar 1 kg. de alimentos non perecedoiros que se destinarán ao Banco de Alimentos. Haberá unha estancia debidamente sinalada para deixar os produtos.

No que atinxe os premios, haberá agasallos para o corredor/a máis lonxevo; para os que terminen en seis posicións elixidas ao azar e tamén serán premiados o primeiro corredor e primeira corredora do Concello do Porriño.

A inscrición débese xestionar a través da web de “Carreiras Galegas“. O prazo estará aberto ata o 25 de decembro, ás 15:00 horas.


Inscriccións e máis información na páxina web de Carreiras Galegas » ligazón externa


Regulamento da I San Silvestre Solidaria Concello do Porriño (PDF) » ligazón externa


I Carreira San Silvestre Solidaria Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png