I Competición MMA Grappling

ACTUALIZACIÓN: nova localización

| Sábado 28 de setembro. 2019
| De 09:00 a 14:00 h.

Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

I Competición MMA Grappling

A primeira Competición MMA Grappling do Porriño terá lugar na praza Arquitecto Antonio Palacios, o día 28 de setembro, de 9:00 a 14:00 h. e será puntuable para a Liga Galega


MMA

As artes marciais mixtas (coñecidas frecuentemente polas súas siglas en inglés MMA, de Mixed Martial Arts) son a combinación de técnicas provenientes de distintas artes marciais e deportes de combate, xeralmente úsase para a competición no deporte de combate pero tamén para a defensa persoal.

O deporte de combate actual que permite o uso de artes marciais mixtas é o de maior contacto que existe, xa que permite tanto o uso de técnicas para pelexar de pé ou golpes (striking): puñadas, patadas, golpes co xeonllo, cotenadas, etc. como técnicas para pelexar no chan ou agarres (grappling): derrubes, lanzamentos, chaves, luxaciones articulares, estrangulaciones, etc que proveñen dunha gran variedade de artes marciais e deportes de combate como o karate, kickboxing, boxeo, muay thai, taekwondo, judo, aikido, loita libre, loita grecorromana, jiu-jitsu brasileiro, wushu, San Dá, sambo, entre outras. É o deporte de combate de máis rápido crecemento na última década.


Grappling

O termo Grappling procede da palabra inglesa GRIP e refírese a unha modalidade de loita que busca ter baixo control ao opoñente sen efectuar ningún golpe, para despois gañar o combate. Este método de loita baséase en técnicas de agarre, estrangulación e luxación das extremidades do adversario. Usada en diversas artes marciais (judo, loita libre, jiu-jitsu. etc.), é usado con moita frecuencia tamén en deportes de submisión, onde os combates poden darse por terminados sen necesidade de golpes de gravidade.


Cabecera-web-ecultura.png