I Concurso de Rondallas Concello do Porriño

| Martes 1 de xaneiro. 2019
| Ás 18:00 h. (Apertura de portas ás 17:00 h.)
Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

I Concurso de Rondallas Concello do Porriño


I Concurso de Rondallas Concello do Porriño

O tradicional certame de Rondallas que Porriño celebra cada día 1 de xaneiro adquiriu este ano rango competitivo. Así, a Concellería de Festexos publicou xa as bases que rexen o concurso, para o cal se abriu xa (ata o día 14) o prazo de inscrición no rexistro xeral do Concello.

Establécense tres premios, un primeiro de 1.500 euros, un segundo de 1.000 e un terceiro de 500. Así como tamén se fixaron uns requisitos para cumprir, como é o número de compoñentes de cada agrupación, que deberá estar entre 40 e 120; a limitación da participación a un máximo de dez rondallas ou a non interpretación de himnos oficiais de estados ou comunidades autónomas.

Previo ao comezo do concurso, e se o tempo permíteo, as agrupacións realizarán un pasacalles. Unha vez no pavillón, terán 12 minutos cada unha para realizar as interpretacións que estimen oportunas. O xurado valorará desde os instrumentos e a vestimenta empregados, ata o repertorio elixido, a evolución e coreografía en pista e o número de integrantes.


Orden de participación das agrupacións no
I Concurso de Rondallas Concello do Porriño

Tras o sorteo celebrado na xuntanza que tivo lugar o pasado dezasete de decembro do presente, no Salón de Plenos do Concello do Porriño, e a que foron convidadas todalas agruapcións inscritas, establéceuse que a orde de actuación das rondallas participantes no ‘I Concurso de Rondallas do Concello do Porriño’ sexa a seguinte:

  1. Rondalla de Beade
  2. Rondalla de Bembrive
  3. Rondalla Club Santiaguiño de Guizán
  4. Rondalla Centro Cultural de Torroso
  5. Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos
  6. Rondalla Mosteiro (Tui)
  7. Rondalla Asociación de Veciños Galiñeiro (Vincios)
  8. Rondalla Santiago de Parada (Nigrán)
  9. Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas
  10. Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios

Rondalla do CSCR Beade

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade nace con a vocación de cubrir o vacío existente dentro do Centro cultural de Beade, na manifestación máis popular dá música, máis achegada a nosas rúas, propia da etapa de “Nadal” e con o obxectivo que o seu Nome indica: cubrir as “rondas típicas de anuncio da chegada do nadal”.

Nace precisamente nas festas de nadal de 1996, cunha formación de 89 compoñentes e D. Hermitos Posada Comesaña actuando coma Director, levando as labores de Capitán, D. Aurelio Costas Guiadanes e complementados coma profesor de abandeirados D. Marcelino Barreiro.

Dende a súa fundación, ten participado en varios certames como nós do Concello de Vigo( cada primeiro de xaneiro), Concello de Mos ,Concello de Gondomar, de Redondela, dás Neves etc. Na súa traxectoria, ten conseguido diversos premios, no Certamen de Rondallas antedito do Concello de Vigo: Premios ós abandeirados nas edicións de 1997 (primeiro ano en participar), 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2011; Primeiro Premio a toda a Agrupación musical, nos anos 2004, 2005, 2008; segundo premio 2007, 2009 e o terceiro, nas edicións de 2003, 2006, 2011. Estes premios veñen derivados do bo facer, tanto desde a instrumentación empregada é moi variada e particular, propia deste tipo de formacións, citando entre outros a: cristos, pandeiretas, castañolas, charrascos, bombos, caixas, maracas, botellas de anís, cunchas, gaitas, paos de ferrinchas, ata ós de trompetas, saxos, tubas, bombardinos, trombóns, etc. resaltando que o máis peculiar de todo isto, é que moitos destes instrumentos, están feitos artesanalmente polos propios compoñentes da Rondalla do Centro.

Actualmente, forman a Rondalla preto de sesenta e sete persoas, entre os cinco e os setenta anos. A directora e Eva Ma Abalde Iglesias e a capitana é Leticia Prado González. Os capitáns de abandeirados son Noelia Garcia Caride e Santiago Garrido Abalde.


Rondalla da Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva Helios de Bembrive

A Rondalla Helios de Bembrive, unha das mais antigas da Provincia xa que conta con case un século de lonxevidade.

A finalidade da Rondalla é animar a tódolos vigueses polas festas do Nadal e tamén invitalos a participar en dita actividade.

É salientable comentar que a Rondalla preocúpase de recuperar as tradicións dos nosos devanceiros e desta maneira amosarlles a toda a cidadanía cos seus pasacalles e as súas interpretacións polas rúas da cidade; un traballo que dende o mes de setembro todos os seus compoñentes (directores, rondalleiros e abandeirados) dedicaron con moita ilusión. Tamén é unha das mais laureadas, xa que conta cun gran número de premios obtidos o longo da súa historia en diferentes competicións e incluso foi invitada o Certame do “Festival Internacional de Ortigueira”. Alcanzou moitos premios dende 1986 ata o día de hoxe.

Dende 1997 ata a actualidade a Rondalla Helios estivo nos Concursos máis destacados da cidade e da provincia nas 3 primeiras posicións, menos nos anos 2011 e 2017 que non se presentou a ningún concurso.


Rondalla Club Santiaguiño de Guizán

Director: Manuel Ferreira
Capitán: Joaquín Rodríguez
Capitán de abanderados: Carlos Campo
Componentes Rondalla: 70

Rondalla de caractar familiar pola que xa pasaron unhas cantas xeracións co fin de que non se perda a tradición. Agrupación que xa conta cunha considerable traxectoria. Este é o seu 4 ano en activo despois dun parón de 15 anos.


Rondalla Centro Cultural de Torroso

Director: Iván Rey Grandal
Capitán: Juan Bande Rodríguez
Capitana de abanderados: María Rey Grandal
Componentes Rondalla: 113

A Rondalla do Centro Cultural de Torroso, acompañounos nas nosas festas de Nadal dende o ano 1970 ata o 2000. Éste e o segundo ano que volve con forza e moita ilusión.

Está formada por veciños de Torroso, do Concello de Mos, alumnos da escola de Música e do Conservatorio. Todos eles forman unha gran agrupación de 113 compoñentes e 7 abanderados, e actuarán baixo a batuta de Iván Rey Grandal.


Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos

Comenza no ano 1982 para achegar o Nadal a cada barrio da parroquia de Mos; dende o ano 1997 participa na Cabalgata do Concello de Mos, nos certames e concursos de rondallas de Gondomar, O Porriño, Redondela e Vigo. Dende o 15 de xuño de 2014 ten no seu poder a medalla ó mérito cultural do Concello de Mos.

Só utiliza gaita e percusión tradicional galega, ademais de acordeón, pandeiretas, cunchas, castañolas, charrascas e cruces de madeira; o repertorio basease na música tradicional galega con arranxos propios da rondalla; na súa uniformidade destaca o uso de chalecos de cor granate.


Rondalla “O Mosteiro” (Tui)

Directora: Silvia Posada Carrera
Capitana: Alexandra Comesaña Rial
Capitán abanderados: Adrián  Comesaña Rial
Componentes Rondalla: 66 rondallistas + 8 abanderados.

Aínda que xa o ano pasado habían participado como agrupación de amigos, este ano fano constituídos por primeira vez como rondalla, propiamente dita, con directora, abanderados… ou inicio dunha Rondalla. O I Concurso de Rondallas do Concello do Porriño será a súa segunda actuación nesta nova etapa.


Rondalla Asociación de Veciños Galiñeiro (Vincios)

Di a historia na boca da xente desta parroquia, que viña vindo a la pola década dos 40, o ano pasado celebraron o 75 o aniversario da Rondalla.

Cando un grupo de veciños entusiastas e con gañas de celebrar os reis dunha forma distinta xuntáronse con uns cantos instrumentos de diversa natureza organizados por unha persoa que a súa vez dirixía esta contenda. Foi aí o nacemento da que hoxe coñecemos como a rondalla dos veciños de Vincios. Unha das máis antigas do Sur de Pontevedra e con máis tradición na zona do Val Miñor. Esta rondalla a día de hoxe goza de moi boa saúde chegando incluso á gravación dun C.D. no cal se expón unha proba da súa arte e da súa cultura. Nesta gravación tamén queren render unha homenaxe a un dos principias directores desta rondalla e quedando na memoria de todos os compoñentes, fan unha honra a Marcelino Quintas.

A día de hoxe a rondalla consta de 80 integrantes. De 5 a 80 anos de idade.


Rondalla Santiago de Parada (Nigrán)

Directora: D. Antia Figueroa Vila
Capitana: Ladislao Alonso Valverde
Capitana abanderados: Eva Marcial Riveiro
Componentes Rondalla: 59

A historia desta Rondalla comezou a escribirse no ano 1993. Contaba con 84 compoñentes e estaba dirixida por D. Plácido Salgueiro Méndez. No ano 1997, a súa actividade interrompeuse ata o ano 2007. Sendo ese ano cando se inicia a súa segunda etapa ata a actualidade; participando en todos os Certames de Rondallas da contorna.

Na actualidade, sendo Presidente D. David Costas Nande consta de 59 compoñentes e esta dirixida por D. Antia Figueroa Vila e capitaneada por Ladislao Alonso Valverde.

A capitana das abanderadas é Eva Marcial Riveiro, baixo o seu mandato 5 abanderadas das cales a máis pequena ten 10 anos.


Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas

Presidente: Jose Gonzalez Lorenzo
Director: Serafin Rodriguez Rodriguez
Capitán: Urbano Gonzalez Lorenzo
Director de abandeirados: Cristian Gonzalez Estevez
Componentes Rondalla: 95

A Rondalla de Pontellas reanudóu a sua andaina no ano 2003, os seús impulsores escomenzaron coa ilusión de recuperar a rondalla que de sempre existira na parroquia de Pontellas. Dende aquela, foise consolidando pouco a pouco, e merecendo o seu recoñocemento, con un palmarés de premios importante:

Ano 2004 3º Premio no concurso de rondallas de Porriño
Ano 2006 3º Premio no concurso de Rondallas de Vigo
Ano 2009 2º Premio no concurso de Rondallas de Vigo
Ano 2011 ata o 2013 1º Premio no concurso de Rondallas Dep. Pontevedra Ano 2014 3º Premio no concurso de Rondallas Dep. Pontevedra
Ano 2015 1º Premio no concurso de Rondallas Dep. Pontevedra
Ano 2018 1º Premio no concurso de Rondallas do IFEVI

Grazas o esforzo e traballo de todolos seus integrantes que son meramente afecionados a música, que poñen todo seu empeño en simplemente levar un pouco de ledicia o público xeral.

Escomenzaron sendo un grupo pequeno e convertíronse nunha agrupación considerable, crecendo en número de integrantes, homes, mulleres e cativos con idades dende os 5 anos ata sen límite de idade.

Na agrupación os seus compoñentes tocan instrumentos de percusión como as panderetas, castañuelas, cristos, charrascas, acompañados por un grupo de instrumentistas de metais e gaitas e un grupo de abandeirados.

O seu repertorio componse por variedade de estilos, intentando sempre manter a tradición musical da rondalla e tamén misturando pezas de música actual adaptadas, como por exemplo: adaptaciones de música pop, rock, heavy, como Nino Bravo, Michael Jackson, Bon Jovi.

Convertironse deste modo na rondalla pioneira neste tipo de adaptacions musicais, facendo que se achegue a eles o público máis novo, que son o futuro para manter viva esta tradición rondalleira. Co fin de dar maior difusión a rondalla, editaron un disco no ano 2017, baixo o nome de “15 Notas”.

Nesta andaina co seu facer, teñen a satisfación de cumprir o obxetivo que perseguían, desexando que sempre estea viva a Rondalla de Pontellas.


Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios

Director: Carlos Docampo Puente
Capitán: José Manuel Dominguez Pérez
Capitán Abanderados: Andrea Fernández Ramilo
Componentes Rondalla: 106

Na actualidade, e sen ningún tipo de dúbida, na parroquia de Atios no concello de O Porriño hai moita afección polas rondallas e proba disto son as orixes ás que se remonta a Rondalla, alá polo ano 1925. Incluso, nos anos 50 chegou haber dúas rondallas, denominadas Atios de arriba e Atios de abaixo.

O longo de todos estos anos, a Rondalla pasou por diversas etapas, algunhas delas nas que incluso houbo anos de silencio sen ningún tipo de actividade. Pero a gran afección que existe entre os vecinos desta parroquia por ela fixeron posible a continuación da mesma ata a actualidade.

Dentro do seu repetorio, tivo e ten dende música tradicional ata música moderna de grupos de moda, aportando variedade de gustos para todos os públicos.

Está constituida por abanderados, pandereteiras/os, charrasqueiros, castañolas, cristos e variedade de músicos (trompetas, trombóns, saxos, gaitas, percusión…)


Solicitude de inscrición no I Concurso de Rondallas Concello do Porriño
DESCARGA O DOCUMENTO AQUÍ ]
Prazo de inscrición pechado

Bases reguladoras do I Concurso de Rondallas Concello do Porriño
DESCARGA O DOCUMENTO AQUÍ ]
Prazo de inscrición pechado

Calendario das Rondallas de Atio e Pontellas [ + INFO ]

cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png