I Festa da Cervexa Artesanal do Val da Louriña

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 10 e 11  de xuño. 2017
| Dende as 12:00 h.
A.VV. San Salvador de Torneiros » ver mapa

I Festa da Cervexa Artesanal do Val da Louriña

Organiza: A.VV. San Salvador de Torneiros

Cervexa artesá, obradoiros de cervexa, pulpeira, hamburguesas, postos de artesania… Todo isto nun mesmo lugar para o desfrute de todo aquel que quera pasar unha boa fin de semana.

Concertos e actuacións:

Gravesen (sábado 10 de xuño)
Martillo  (sábado 10 de xuño)
Argonat Band  (domingo 11 de xuño)
Grupo de Gaitas Agarimo de Torneiros
Charanga

Máis info sobre A.VV. San Salvador de Torneiros no seu perfil de Facebook » ligazón externa


GRAVESEN

Gravesen

Grupo galego que mistura rock e algo de stoner. Formado no ano 2016 en Ponteareas. A pesar de non ter unha traxectoria demasiado longa, está conformado por músicos cunha bagaxe importante ás súas costas e isto nótase encima do escenario.

Gravesen fórmano Diego Lage (Batería), Jacobo Castro (Guitarra), Miguelón (Baixo), Miguel Miguélez (Guitarra) e Javi Amandi (Voz) e se autodefinen como “rock, stoner e xogadas antiregulamentarias”.

Máis información sobre Gravesen, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


MARTILLO

Martillo

Martillo está formado por Patricia García á batería, Arturo Usoz (voz e guitarra), Nicolás Montes (baixo) e David Pérez (guitarra), definen a súa música como stoner con tinguiduras progresivas.

Martillo é deses grupos que sorprenden cun directo potentísimo. Temas longos, cunha execución impecable e un son contundente.

Máis información sobre Martillo, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


ARGONAT BAND

argonat-band

Argonat Band é un grupo de R&R e Pop configurado por cinco acordeóns e unha batería. Versionean a clásicos como Led Zepelling, AC/DC, Siniestro Total, Queen…

Máis información sobre Argonat Band, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


I Festa da Cervexa Artesanal do Val da Louriña


Cabecera-web-ecultura.png