I Festa de Exaltación do Pan do Porriño


Ver programación da I Festa de Exaltación do Pan do Porriño por días:

[VENRES 3]     [SÁBADO 4]


Coñecido é en boa parte de Galicia, a sona do “Pan do Porriño”. A súa calidade e tradición, que se remonta ó século XVIII, fan del un producto galego que aspira a ampliar mercados mantendo á súa tradicional elaboración. Tradición que habitualmente se remonta á instalación de diversos fornos de cocción que no século XVIII suministraban pan á comarca e sobor de todo á Guarnición Militar de Tui, na época en que foi capital de provincia. Coñecido como “pan de munición”, as tropas francesas utilizaron ese pan como suministro habitual na súa estancia na nosa comarca, baixo as órdenes do general Dupont na invasión francesa de inicios do século XIX.

Sendo como é ademais un producto no que prima a calidade, e para potenciar a súa distribución, xurdiu no ano 2005 a Asociación de Panadeiros do Porriño, unha asociación promovida polo Concello do Porriño para potenciar a tradición panadeira e salvagardando o segredo da súa elaboración e promovendo actuacións que fagan del un producto que conte cos máis altos certificados de calidade.

Para elo, a Asociación ten entre os seus fins fundacionais, a agrupación de todos os panadeiros do Porriño, en aras de conquerir a Certificación de Producto “Pan do Porrño” e traballar, como xa teñen feito outros productos similares, na procura dunha Indicación Xeográfica Protexida para o “Pan do Porriño”.

Na actualidade, a Asociación,  conta cunha ducia de panadeiros asociados, traballa xa en diversos proxectos para dar a coñecer o pan que elaboran, mellorar os procesos de calidade e marketing, sen descuidar o proceso tradicional de elaboración.

Sen dúbida, a forma máis coñecedida de elaborar o “Pan do Porriño” é a a bola de pan, a pesares de que tamén se fabrica en barra. Os novos hábitos alimenticios e a aparición de pan manufracturado e con conservantes, levou taména  aesta asociación a facer unha defensa e chamanento sobre a calidade do “Pan do Porriño”, e a defender as súas virtudes naturais fronte a un consumo de pan industrial. O “Pan do Porriño” é un alimento de grandes propiedades nutritivas que conserva a súa fama polo “segredo” da súa elaboración, que fai del un producto de moi bó sabor e cunhas excelentes condicións de conservación.


Certificado de calidade

Avanzar cara a Calidade sen perder o Espíritu do noso Pan.

O Pan do Porriño é un producto non só cunha longa historia, senon cun coidado proceso de elaboración e presentación. A nosa aposta pola calidade nos levou a traballar nos últimos anos nun proceso de mellora dos procesos, medios e técnicas nunha aposta pola excelencia dun produto cunhas altísimas condicións gastronómicas e nutricionais.

Esta aposta materializouse na posta en marcha do Certificado de Calidade “Pan do Porriño”. Un certificado que recolle todo o proceso de elaboración, a trazabilidade do produto, o seu control e auditorías produtivas, a numeración e a presentación corporativa do noso Pan. Este proceso, definido actualmente no Regulamento de funcionamento do Certificado de Calidade “Pan do Porriño”, que será publicado en breve, e será xestionado e tutelado polo Consello Regulador do Pan do Porriño, e a ferramenta que nos permite presentarlle un produto de alta calidade, coidadosa e artesanalmente elaborado e coidadosamente presentado para que o consumidor non perda nin un só ápice do espíritu e a identidade do noso Pan do Porriño ao tempo que ten garantido un coidadoso proceso de auditoría e control do mesmo.

O resultado, un pan con historia, intenso e saboroso, con personalidade propia. Un pan que alimenta o corpo e o espíritu.


Organiza: ACIPOR. Patrocina: Concello do Porriño
Info extraída do blogue do Pan do Porriño » ligazón externa


Ver día:  venres 3 »   sábado 4 »


[ SUBIR ]


cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png